Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

IMAXES Alfombras frorais do Corpus en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

Alfombras Corpus Gondomar 2015 Imaxe APHoxe tivo lugar as tradicionais alfombras frorais de corpus en Gondomar. Aquí algunha escolma de imaxes desta mañá.

Asembleas de CABE e Manifesto pronúncianse a favor de iniciar o diálogo co PSOE pro acordos de investidura. #Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

maniasembleaAmbas as dúas asembleas nomearon este sábado cadanseus equipos de contacto que responderán á solicitude de reunión que telefónicamente achegou o socialista Paco Ferreira, candidato máis votado en Gondomar no 24M. Maioritariamente os dous partidos de base veciñal valoraron positivamente a posibilidade de acadar acordos suficientes entre as tres forzas para gobernar Gondomar. Un código ético estrito e unha base programática mínima e consensuada son o marco que coincidentemente ambas as dúas formacións decidiron colocar como "irrenunciables" para calquera acordo cos socialistas. Ambas as dúas formacións descartaron iniciar conversacións para formar goberno co PP e IXG. Nun acto de transparencia, Manifesto Miñor transmitiu en directo por Internet a súa asemblea.

Comezaron os traballos de voluntariado na Alameda para as tradicionais alfombras florais de #Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

voluntarias VVai calor, pero o voluntariado xa está a esfollar en quendas laboriosas o abasto das primeiras flores que logo serán clasificadas e almacenadas cara a confección das tradicionais alfombras de Corpus. A carpa que dende hai anos fornece o Concello na Alameda xa está enchida da ramas verdes que os equipos, maioritariamente femininos, adican varias horas a preparar debidamente. Este ano as organizadoras abriron unha páxina na rede Facebook onde comparten imaxes das xornadas e ingresan solicitudes e comentarios. Nese senso, o pedido de colaboración de man de obra voluntaria acompaña as coleccións das primeiras imaxes colocadas.

Voluntarios do Proxecto Ríos alertan do avance das especies invasoras e o lixo nas ribeiras fluviais de #Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

p rios lixoA pasada fin de semana voluntarios do Proxecto Ríos traballaron na limpeza e recollida de mostras en 2 dos 3 quilómetros no que o río Zamáns descorre por territorio gondomarense. "Queremos chamar a atención a todo o mundo incluido os partidos politicos que teñan en conta un problema moi grave coma é a erradicación das especies vexetais invasoras", sinala Pablo Casal Núñez, veciño e custodia deste proxecto en Gondomar. Agrega que estas xa son praga no concello, nomeadamente as especies , tradescantia, tritonia, herba tintureira, cana ou a herba da pampa, "esta última en expansión crecente", afirma.

Xaime Lugilde denuncia unha manobra de “última hora” que deixaría baleiras as arcas da ELM de Morgadáns.

Correo-e Imprimir PDF

XaimeLuxildeAs arcas da Entidade Local Menor de Morgadáns quedarán baleiradas de confirmarse a denuncia do vogal nacionalista Xaime Lugilde. Asegura que o presidente da entidade, Urbano Esmerode (ex PP), pretende aprobar no pleno deste venres as contas de 2014 e un pago de facturas pendentes que deixará á parroquia cun saldo de apenas 1.494,05€ para facer fronte as súas obrigas. Lugilde, candidato do Manifesto Miñor á ELM de Morgadáns, advirte que este pleno a 8 días das eleccións presenta irregularidades formais, adxudicacións infundadas de bens públicos a privados entre outros puntos polémicos.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL