Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

“Con enerxía e ilusión”: O BNG presentará en acto público a súa candidatura en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

manuela pumarO Bloque Nacionalista Galego presentará publicamente a súa candidatura ás elección municipais de maio, este domingo día 12, nun acto público que terá lugar ás 12 horas na Praza do Centro de Saúde de Gondomar.  No acto intervirán a parlamentaria do BNG, Carme Adán e a candidata á alcaldía, Manuela Rodríguez Pumar.

Josué Villar obtén ampla maioría nas primarias e será o alcaldable de Gondomar Concello Aberto.

Correo-e Imprimir PDF

josue villar gcaJosué Villar, actual coordinador de Esquerda Unida en Gondomar encabezará a candidatura do partido instrumental Gondomar Concello Aberto (GCA), tras ser o postulante máis votado nas primarias celebradas o pasado martes. Se ben a candidatura aínda non será oficializada até que rematen os traballos de controis da comisión electoral da agrupación, xa pode adiantarese que o alcaldable será Villar. Na mesma elección confirmouse o respaldo á profesora Pura González Martínez como candidata á Entidade Local de Morgadáns.

Resultados das votacións.

O Manifesto Miñor dá a coñecer a lista oficial de candidatos á municipais de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

manifesto-minhor-candidatosO Manifesto Miñor fai oficial a lista de candidatos coas que concorrerán ás municipais de Gondomar. O ex alcalde nacionalista Xosé Antonio Araújo encabezará a lista seguido nos primeiros lugares por Rocío Cambra Castro (Plataforma contra as preferentes – Gondomar), Alberto Covelo Casal (CMM de Vincios), Mª del Carmen Salgueiro Veiga ( Plataforma contra as preferentes) e Xosé Antón Araúxo Rodríguez (CMM de Couso). Os candidatos foron electos en primarias nas que participaron 250 persoas e que pecharon o pasado domingo.

Gondomar Concello Aberto inicia as primarias con 32 postulantes a integrar a candidatura municipal.

Correo-e Imprimir PDF

postulantes-g-c-aOs 17 postos da candidatura que presentará Gondomar Concello Aberto sairán dun total de 32 postulantes, en votacións telemáticas que darán comezo este 1 de abril e de xeito presencial o vindeiro 7 de abril de 9 a 21 horas. Tamén se poderá votar por correo dende o día 1 de abril. A persoa máis votada nestas primarias encabezará esta candidatura na que conflúen Esquerda Unida, ANOVA e cidadáns independentes. Como única candidata á Entidade Menor de Morgadáns se postula Pura González Martínez, profesora de Ciencias Naturais e ecoloxista.

A Garda Civil imputa ao suposto autor dun roubo de gasoil á maquinaria vial que traballaba en Vincios.

Correo-e Imprimir PDF

-A Garda Civil imputou a JA.CH.P., de 45 anos de idade e veciño de Gondomar, como suposto autor dun roubo de gasoil de maquinaria estacionada na estrada de Vincios.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL