Xoves, 23 Nov. 2017

Actualizado12:46:23 PM GMT

Estás en Gondomar Voluntarios do Proxecto Ríos alertan do avance das especies invasoras e o lixo nas ribeiras fluviais de #Gondomar.

Voluntarios do Proxecto Ríos alertan do avance das especies invasoras e o lixo nas ribeiras fluviais de #Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
p rios lixo

A pasada fin de semana voluntarios do Proxecto Ríos traballaron na limpeza e recollida de mostras en 2 dos 3 quilómetros no que o río Zamáns descorre por territorio gondomarense. "Queremos chamar a atención a todo o mundo incluido os partidos politicos que teñan en conta un problema moi grave coma é a erradicación das especies vexetais invasoras", sinala Pablo Casal Núñez, veciño e custodia deste proxecto en Gondomar. Agrega que estas xa son praga no concello, nomeadamente as especies , tradescantia, tritonia, herba tintureira, cana ou a herba da pampa, "esta última en expansión crecente", afirma.

O Proxecto Ríos é unha iniciativa a nivel galego de eduación e voluntariado ambiental que pretende fomentar a participación activa da sociedade na conservación dos ríos. "Facemos varios muestreos anuais dos ecosistemas fluviais, facendo estudos e seguimentos participativos dos que se serve a administración galega para eleborar unha valoración da todas a concas fluviais do país", explica Casal. Valoracións que inclúen a vexetación de ribeira, calidade hidromorfolóxica, calidade fisicoquímica das augas, biodiversidade da fauna, "sobre todo a dos macroinvertebrados, que son uns dos parámetros que millor reflicten o estado da pureza das augas", engade. Actividade esta que realizan dende o ano 2009.

Neste senso, o colectivo quere "recordar a todos os partidos políticos de Gondomar que a preservación dos ecosistemas ribereños debería estar en todos os programas e non ser motivo de discusión ou xogo político. Gondomar tem moitos quilómetors de cursos fluviais que históricamente xeraron riqueza; podemos velo na cantidade extraordinaria de patrimonio etnográfico e arquitectónico que temos nos ríos como muiños, pontillóns, levadas, presotes e peiraos".

Denuncian que "cun día de limpeza de río o ano ou poñer uns bancos ou adecentar unha ponte de madeira non solucionamos os verdadeiros problemas que temos co patrimonio natural en Gondomar. Fai falta diálogo e consenso, e colaborar coas organizacións que coñecen o territorio e que están a traballar nel dende fai moitos anos".

Entenden que coa colaboración entre a administración e os colectivos e veciños "podemos erradicar estas pragas que tanto dano están a facer na biodiversidade do Val Miñor"-