Luns, 22 Maio. 2017

Actualizado10:28:06 AM GMT

Estás en Gondomar O río Zamáns segue a soportar vertidos incontrolados de entullo e lixo.

O río Zamáns segue a soportar vertidos incontrolados de entullo e lixo.

Correo-e Imprimir PDF
16-06-2013-lixo-zamans-1
16-06-2013-lixo-pego-negro
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

-Unha limpeza de 200 metros organizada polo Proxecto Ríos recolleu máis dunha tonelada de lixo da canle e beiras do Zamáns nunha xornada de voluntariado desenvolvida o domingo pasado.
-Os voluntarios detectaron no Pego Negro a permanencia dun entullo de terra e pedra de grandes dimensións que leva dous anos no enclave.

O pasado domingo 16 de xuño voluntarios do Proxecto Ríos, do grupo ecoloxista "A Groba" e veciños de Gondomar realizaron unha limpeza do río Zamáns dun treito de case 200 metros preto da ponte vella da estrada de Nigrán entre as parroquias gondomareñas de Vincios e Vilaza.
O colectivo informou que foron recollidas máis dunha tonelada de residuos entre a canle e a beira do río. Plásticos de diferentes tamaños e orixes, porexpan, botellas de vidro, roupa e ferralla diversa foron o lixo que recolleron os voluntarios o longo de toda a mañá do domingo.
Os voluntarios resaltan a alta biodiversidade do río e a súa riqueza etnográfica reflectida nos seus muíños e peiraos.
Denuncian que "os montes e ríos de Gondomar non deben ser utilizados como vertedoiros de lixo de particulares nin empresas de construción propios doutras épocas e lugares onde o patrimonio natural non se respecta o máis mínimo". Defenden a utilización do punto limpo de Vincios e as diferentes illas de reciclaxe .
A carón da área recreativa do "Pego Negro", onde rematou a xornada, detectaron un entullo de terra e pedra de grandes dimensións que chega a beira do río. O mesmo foi denunciado en repetidas ocasións dende o 2011 polos organizadores da limpeza, xa que se detectaron varios movementos de terras e vertidos "que fan que medre ano a ano o entullo, o que supón unha agresión moi grave á canle do río".