Luns, 22 Maio. 2017

Actualizado10:28:06 AM GMT

Estás en Gondomar O Proxecto Ríos advirte do incremento de residuos industriais trala limpeza do Miñor e o Zamáns.

O Proxecto Ríos advirte do incremento de residuos industriais trala limpeza do Miñor e o Zamáns.

Correo-e Imprimir PDF
proxecto rios

O equipo de voluntarios do Proxecto Ríos retirou de unha tonelada e media de lixo das canles dos ríos Miñor e Zamáns o pasado domingo. Durante catro horas efectuáronse as labores no treito baixo do Zamáns, na altura da Ponte de Rosas e o Acueduto do Bravo, así como no curso alto do Miñor á altura dos concesionarios de coches. Tralos traballos, os responsables informaron que retiraron menos plástico que en anos anteriores pero que se incrementaron os de residuos industriais, nomeada-mente pezas de automóbiles.


Outro elemento que chamou atención do equipo de traballo foi o incremento (acolmatación) de area. Sinalan que isto trae graves problemas aos diferentes ecosistemas fluviais. Advirte que isto se debe ao desmembramento nalgúns puntos do paseo do río, coa conseguinte acumulación de grava e demais materiais.
Coma ven sendo dende o 2008 foron convocados polo Proxecto Ríos o ultimo domingo de setembro para realizar a limpeza simultánea dos ríos galegos organizada por colectivos e persoas voluntarias pertencentes a "Proxecto Ríos".
Neste ocasión xuntáronse na caseta de turismo do concello de Gondomar situada no parque do campo da Feira as dez da maña do pasado sábado 28 de setembro.