Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

Por mor da seca o alcalde de Gondomar fai un chamado ao consumo responsable da auga.

Correo-e Imprimir PDF

paco macetonsNun dos primeiros bandos emitido como alcalde de Gondomar, o socialista Francisco Ferreira asinou o pasado martes un Bando a prol do "consumo responsable da auga". Nel fai un chamado á poboación a "facer un esforzo e restrinxir o consumo todo o que se poida". Nomeadamente solicita "evitar o rego excesivo dos xardíns, limpeza das rúas, lavado de coches, encher piscinas e outras actividades non necesarias". Todo ca fin de garantir " a dispoñibilidade de auga potable para as necesidades básicas das persoas".

A Cento Cien achegará a #Gondomar máis dun milleiro de visitantes coa concentración de motos.

Correo-e Imprimir PDF

cartel-parcial

Gondomar será o centro do motor en dúas rodas durante toda a fin de semana. A IV Concentración Moto Club A Cento Cien xa está en marcha e todo está listo para acoller no predio das Cercas a máis dun milleiro de visitantes segundo cálculos da organización. O evento contará cunha carpa instalada no aparcadoiro a carón do campo de fútbol, onde pincharán Dj's a partir do venres 19 ás 22 horas. O espectáculo sairá ás rúas con varias rutas na zona que percorrerán os máis de 200 inscritos nelas. A maiores a vila gozará dun singular espectáculo o sábado pola noite cun percorrido con esferas luminosas e globos de helio que se instalarán nas máquinas participantes.

Manifesto Miñor deixa constancia que inda non existe acordo de co-goberno co PSOE.

Correo-e Imprimir PDF

Manifesto Miñor emitiu un comunicado horas despois do pleno de investidura do socialista Francisco Ferreira. Nel sinala que seguindo o mandato da súa asemblea facilitaron a investidura do alcalde coa abstención e non presentando candidato propio. Iso a pesar que o PSOE rexeitara as propostas de mínimos que Manifesto presentase días atrás na procura dun acordo, inda que segundo sinalan o grupo negociador do PSOE si as aceptara.

Manifesto Miñor acorda “facilitar” a investidura do socialista Paco Ferreira en #Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

masembleacdlNon presentarán candidato propio á alcaldía de Gondomar no pleno de investidura deste sábado, e facilitarán en todo caso a de Francisco "Paco" Ferreira (PSOE), candidato máis votado nas recentes eleccións do 24M. Así o resolveu a asemblea do Manifesto Miñor tralas conversacións con socialistas e CABE na procura dun "goberno de esquerdas".

Manifesto Miñor define este luns a estratexia do colectivo cara á conformación de goberno en #Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

mm asemblea gondoQuen será o futuro alcalde de Gondomar e con que forzas gobernará inda segue a ser obxecto de especulacións. O socialista Paco Ferreira achegou unha proposta escrita a CABE e MM cara iniciar conversacións que posibiliten a súa investidura nun goberno tripartito. Mais unhas declaracións do socialista nas que adiantaban ofrecementos de retribucións e reparto de cargos molestaron ao nacionalista Antonio Araújo (MM) por entendelas fóra de lugar neste intre das conversas. Neste contexto a asemblea do MM está convocada para a tardiña deste luns para escoitar o informe da comisión encargada de falar coas outras forzas políticas e así logo decidir a estratexia de alianzas que desenvolverá o MM.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL