Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Asembleas de CABE e Manifesto pronúncianse a favor de iniciar o diálogo co PSOE pro acordos de investidura. #Gondomar

Asembleas de CABE e Manifesto pronúncianse a favor de iniciar o diálogo co PSOE pro acordos de investidura. #Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
maniasemblea

Ambas as dúas asembleas nomearon este sábado cadanseus equipos de contacto que responderán á solicitude de reunión que telefónicamente achegou o socialista Paco Ferreira, candidato máis votado en Gondomar no 24M. Maioritariamente os dous partidos de base veciñal valoraron positivamente a posibilidade de acadar acordos suficientes entre as tres forzas para gobernar Gondomar. Un código ético estrito e unha base programática mínima e consensuada son o marco que coincidentemente ambas as dúas formacións decidiron colocar como "irrenunciables" para calquera acordo cos socialistas. Ambas as dúas formacións descartaron iniciar conversacións para formar goberno co PP e IXG. Nun acto de transparencia, Manifesto Miñor transmitiu en directo por Internet a súa asemblea.

Cunha diferenza de media hora e poucos metros de distancia, comezaron a debater ambos colectivos cunha pregunta central: inténtase ingresar ou non a un goberno municipal co PSOE. Goberno no que a alcaldía correspondería a Paco Ferreira pero onde CABE e Manifesto Miñor, con moitas similitudes programáticas e metodolóxicas, quedarían nunha relación de 6 a 4 na executiva local. Correlación de forzas que obrigará aos integrantes do tripartito a maximizar os consensos en caso de concretarse o cogoberno.

Polo Manifesto Miñor designáronse para integrar a comisión de contacto a Xaime Lugilde, Jesús Rodríguez e a concelleira non adscrita en funciones María Luisa Varela. A súa misión será tomar contacto con socialistas e o CABE, acadar informe das propostas que realizará o PSOE e comunicar á asemblea do Manifesto que será quen tome as decisións finais sobre os acordos.

Josué Villar, Jimena Varela e Pauliño del Río, os tres edís electos no 24M polo CABE, encabezarán unha equipa de 10 membros encargados de levar adiante as conversas con socialistas e Manifesto, e nun protocolo similar achegar un informe á asemblea para que tome a decisión final.

Ambas as dúas xuntanzas contaron con máis de medio centenar de veciños cada unha, que expuxeron iniciativas, críticas e opinións diversas, nunha dinámica de pluralidade que amosa será a tónica da política gondomareña nos vindeiros catro anos. A partir do luns as respectivas comisións de contactos iniciarán o proceso que antes do vindeiro 13 de xuño debería acadar un acordo marco de gobernabilidade ao municipio. "As urnas dixeron que a xente obrigounos a ter que negociar e consensuar para gobernanr Gondomar", palabras máis palabras menos estas verbas repetíronse en ambos espazos de deliberación.