Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

Comeza a carreira electoral en Gondomar coa proclamacións dos primeiros candidatos á alcaldía.

Correo-e Imprimir PDF

candidatosManuela Rodríguez Pumar do BNG e Francisco “Paco” Ferreira do PSOE abren a lista de candidatos que competirán no vindeiro mes de maio por ocupar a presidencia da corporación de Gondomar. Unha abondosa militancia social e no nacionalismo antecede á candidata do Bloque. Pola súa banda, Ferreira, actual concelleiro e portavoz do PSOE, intentará acadar o carácter de rexedor facendo fincapé no seu “trabajo constante a lo largo de estos últimos cuatro años”, segundo daba a coñecer nun comunicado horas despois de ser elector por aclamación da agrupación socialista.

Charla sobre política municipal organizada por Podemos-Gondomar no café Rañolas

Correo-e Imprimir PDF

O círculo Podemos-Gondomar ofrece unha charla sobre política municipal este xoves 5 de febreiro ás 19:30 horas no café Rañolas.

Gondomar: Cinco detidos “in fraganti” cando intentaban furtar vigas dunha finca.

Correo-e Imprimir PDF

policia-gondomarNunha operación conxunta da Garda Civil e a Policía Local de Gondomar, foron detidos cinco individuos como presuntos autores dun delito de furto de vigas de ferro no interior dunha finca. Segundo o parte das autoridades, estas persoas se encontraban no interior dunha finca do municipio cunha furgoneta marca MERCEDES BENZ en cuxo interior había once vigas de ferro duns 2 metros de lonxitude por 0'25 de ancho. Atoparon tamén diverso material utilizado para o corte das mesmas como: soprete, soldador, dos bombonas, unha de gas butano e outra de gas acetileno, comprobándose seguidamente que as vigas procedían do material depositado na finca.

A modelo e presentadora de TV Silvia Jato será a pregoeira no Entroido de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

silvia jatoAsí informa o díptico difundido dende a concellaría de Festexos de Gondomar co programa de actividades cara o Entroido 2015. Silvia Jato terá a cargo o pregón que dará inicio ao desfile central pola vila condal o vindeiro domingo 15 de febreiro e estará acompañda polo trío Azar que amenizará a velada. Nese senso, o Concello ten abertas as inscricións para as comparsas que desexen participar no desfile que dará comezo ás 16 horas

A Aula de Teatro de Gondomar procura novos integrantes.

Correo-e Imprimir PDF

Tras máis de catro anos de actividade a Aula de Teatro que coordina a Concellaría de Xuventude de Gondomar procura novas incorporacións para o seu elenco. Por iso fai un chamado a mozas e mozos de entre 12 e 30 anos que desexen formarse "no mundo do teatro" e pasar "un bo rato" todos os martes de 18:30 a 20:30 horas. A actividade é totalmente gratuíta e os interesados ten a disposición o teléfono 986369746 ou a web do concello para informarse.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL