Martes, 16 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar

Gondomar - Noticias de Gondomar e Val Miñor

Gondomar non suspende o cobro da taxa de sumidoiros a pesar dos centos de alegacións ao novo padrón .

Correo-e Imprimir PDF

saneamento-gondomarO goberno municipal de Gondomar negouse a suspender o cobro da taxa de sumidoiros a pesar dos centos de alegacións presentada por contribuíntes que alegan non ter conexión á rede municipal ou recibir por duplicado a tarifa trala actualización do padrón realizada pola concesionaria Espina y Delfín

O alcalde de Gondomar négase a comparecer ante o pleno polo caso da suspensión das oposicións á policía local.

Correo-e Imprimir PDF

Oficialismo e oposición empataban en votos no pleno ante a ausencia do edil nacionalista Emilio Crego. A pesar de soster no debate que o goberno non tiña nada que ocultar sobre os motivos que levaron á suspensión "provisional" o pasado 25 de novembro das oposicións para a policía local de Gondomar, o rexedor Fernando Guitián finalmente fixo valer o seu voto de calidade para non someterse á comparecencia que demandaba unha moción do edil nacionalista Pauliño del Río.

VIDEO | Retiran un enxame de avespa velutina en Vilariño

Correo-e Imprimir PDF

Momento da retirada do enxame en Viñariño | Imaxe Xilberte MansoA manobra non foi doada polas dimensións do enxame e a altura da que penduraba.

Unha grúa do Concello de Nigrán deu servizo aos dous operarios que procederon primeiro a fumigalo para logo comezar a súa retirada.

A operación de retirada complicouse polo tamaño do niño que era maior ao diámetro do saco no que tiña que ser depositalo.

Comezaron as obras de ampliación de beirarrúas e novos aparcadoiros nas inmediacións do CDL de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

obras-aparcadoiros-cdlO Concello de Gondomar inicia as obras do novo aparcadoiro que se situará nas inmediacións do Centro de Desenvolvemento Local (escolas vellas) grazas a unha subvención concedida pola Deputación provincial de 229.000 euros que permitirá á súa vez a urbanización e ampliación das beirarrúas da rúa Diego Sarmiento de Acuña.
O goberno municipal sinala que "cumpre así cun dos puntos incluídos no seu programa electoral" e que permitirá reordenar o tráfico no centro urbano "e favorecer a futura humanización do municipio ao fomentar o tránsito peonil polo casco urbano".

Nacionalistas ven comprometida a transparencia das probas de admisión para a policía local de Gondomar trala renuncia das técnicas municipais do tribunal cualificador.

Correo-e Imprimir PDF

policia-gondomarDende a agrupación nacionalista de Gondomar denuncian que por razóns aínda descoñecidas a Interventora e mais a Secretaria Técnica do Concello renunciaron ao tribunal cualificador encargado de realizar as probas aos postulantes para cubrir dúas prazas vacantes da Policía Local. Engaden que isto levou a unha suspensión provisional desta oposición que debía terse desenvolvido o pasado xoves 27 de novembro. Atranco que ten en vilo a 139 persoas que foran admitidas nas probas e levan meses preparándoas. Afirman que non é a primeira vez que se producen “incidencias” nos procesos selectivos na Policía local de Gondomar, “xa en anteriores ocasións para a escolla dos Auxiliares da Policía Local, houbo dimisións ou mesmo aspirantes aprobados con posterioridade á entrada en vigor dos contratos e cando xa se empezara a traballar”, afirma o edil Pauliño del Río.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL