Mércores, 4 Dec. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

Xeira do IEM: “A aldea de San Cosme”

Correo-e Imprimir PDF

fonte-san-cosmeEste mércores 29 de xullo terá lugar unha visita guiada á aldea de San Cosme de Baíña . Actividade que contará coa guía de Anxo Rodríguez Lemos, membro da Sección de Historia, Arqueoloxía e Toponimia do IEM. O punto de encontro será ás 18 hora en Chan da Lagoa. A actividade non require inscrición previa.

#Gondomar perde a súa maior festa da música electrónica: cancelan a Hunters Party 2015

Correo-e Imprimir PDF

hunter2015Cando os carteis estaban en todos os recunchos do Val Miñor co anuncio para este sábado da maior festa rave de Gondomar, un aviso intempestivo a deixou en nada. A organización recibiu a negativa dos administradores da Casa do Cazador, a menos de catros días do evento. "Nos llena de tristeza anunciar esto. Han sido meses y meses de trabajo, bastante dinero invertido en equipo y promoción, esperanzas e ilusiones puestas en ello, ... Pero se acabó", comunicaban na web do evento. Inda que o novo goberno de Gondomar procurou un escenario alternativo, segundo puido saber este medio, á organización decidiu cancelar ante a proximidade da data e o temor a confundir o público cun traslado.

Viño e cultura galega, unha ligazón histórica que fiará en tres xornadas o especialista Xavier Castro.

Correo-e Imprimir PDF

xavier castroAs "Xornadas sobre Viño e Cultura Galega" intentarán revelar as ligazóns entre a cultura do viño coa creación literaria, artística e musical galega. Terán lugar na cidade de Vigo, nos días 9, 16 e 23 de xullo, na Exscama Taberna Atlántica. As veladas estarán a cargo do profesor Xavier Castro, especialista na historia do viño e Premio Picadillo do Fórum Gastronómico 2015.
Trátase de levar a cabo nelas un achegamento á cultura do viño, cunha iniciación á cata (con referencia aos criterios básicos da cata técnica e tamén ós propios da cultura popular do viño) que ao propio tempo constitúa unha experiencia de apreciación e goce hedonista do viño.

Galicia en Danza subcampiona mundial con España na dance world cup 2015

Correo-e Imprimir PDF

emotionheaderGalicia en Danza, de Baiona, con 26 bailarinas e bailaríns e dez coreografías propias, dirixidas polas súas profesoras Sheila e Álida Loira Ferradás, formando parte da selección española de danza ven de proclamarse flamante subcampiona na fase final mundial da dance world cup 2015 celebrada en Bucarest (Rumanía) entre o 29 de xuño e o 4 de xullo.

Máis de medio centenar de visitantes descobren a beleza do bosque atlántico de #Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

muinho-porto-molle

Máis de medio centenar de persoas fixéronlle fronte á choiva para participar da primeira Xeira do Instituto de Estudos Miñoranos que tivo o bosque de ribeira a cabalo entre o barrio de Canido e Porto do Molle, como primeiro destino. A visita discorreu por esta formación de grande importancia ecolóxica xa que "regula a temperatura das augas, suxeita as marxes dos leitos impedindo así o seu arrastre polas cheas, e actúa de filtro verde purificando as augas que se incorporan ás correntes", segundo explicacións do botánico Xosé Ramón García a pé das ribeiras do Río Muíños. Topónimo cuxo valor histórico patrimonial sería posto en dúbida máis adiante polo especialista Xosé Lois Vilar.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL