Unha ducia de persoas participaron nestes meses de outubro e novembro no II Obradoiro literario Victoriano Taibo: Desenvolvendo o nobelo. Ao longo das distintas sesións a condutora, Marta Dacosta, procurou ofrecer motivos de reflexión literaria e pretextos para construír poemas e textos narrativos. Este xoves 27 de novembro, as e os participantes no Obradoiro deron a coñecer as obras realizadas, nun lectura pública na Aula de Cultura Ponte de Rosas, sede do IEM. O acto levou por título "Desfíxose o nobelo".
Val Miñor - Cultura
Inauguración da mostra fotográfica “I T I N E R A N C I A (S)”, de Santi Vega no IEM.
Continuando co calendario exposicións de arte na Aula de Cultura Ponte de Rosas, o Instituto de Estudos Miñoranos convida á inauguración de "ITINERANCIA(S)", unha selección de traballos de fotografía de gran e pequeno formato da colección autoría de Santi Vega. Será o vindeiro venres 28 de novembro ás 20:30 horas na Avenida da Feira Nº10, baixo Gondomar.
Unha xornada de lectura pública pecha o II Obradoiro de creación literaria Victoriano Taibo.
Unha ducia de persoas participaron nestes meses de outubro e novembro no ” II Obradoiro literario Victoriano Taibo: Desenvolvendo o nobelo”, organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos. Ao longo das distintas sesións a condutora, Marta Dacosta, procurou ofrecer motivos de reflexión literaria e pretextos para construír poemas e textos narrativos. Este xoves 27 de novembro ás 20:30 horas, as e os participantes no Obradoiro darán a coñecer as obras realizadas, nun lectura pública que promete non deixarnos indiferentes. Será na Aula de Cultura Ponte de Rosas, sede do IEM, na Avenida da Feira Nº10, baixo, Gondomar. O acto é aberto a todo público e levará por título “Desfíxose o nobelo”.
Escolares de Nigrán participarán na XII Mostra de Oralidade Galego-Portuguesa en Vigo.
O evento terá lugar este martes 25 de novembro ás 11:30 horas no Auditorio AFUNDACION (Marqués de Valladares s/n, Vigo). A esta actividade, organizada por Ponte ... nas ondas! asistirán centros educativos de Caminha, Vilanova de Cerveira, Valença do Minho, Monçao, Melgaço, Salvaterra de Miño, Nigrán e Vigo. A Mostra da Oralidade é un evento que reúne as voces do patrimonio inmaterial galego-portugués concibido para transmitir ás novas xeracións as expresións contemporáneas desta cultura común. Nela xúntanse as persoas portadoras das manifestacións da cultura tradicional con artistas que basean o seu traballo creativo na oralidade.
A Agrupación Musical de Vincios presentará o seu novo director nas festas de Santa Cecilia.
O música Francisco Valcárcel (Salceda de Caselas) asume como novo director da agrupación, a banda e a Escola de Música de Vincios. Profesor de tuba-bombardino no Conservatorio de Viana do Castelo e na Escola de Música de Beade, Valcárcel integra a Banda de Música de Salceda, a Banda Sinfónica da Federación Galega de Música de Bandas de Músicas Populares o Cuarteto The Tubas e a Turre's Band. A súa primeira presentación será o vindeiro sábado 22 de novembro ás 20 horas no concerto homenaxe a Santa Cecilia a desenvolverse no Centro Cultural de Vincios.
JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL