Martes, 16 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Inauguración da mostra fotográfica “I T I N E R A N C I A (S)”, de Santi Vega no IEM.

Inauguración da mostra fotográfica “I T I N E R A N C I A (S)”, de Santi Vega no IEM.

Correo-e Imprimir PDF
santi

Continuando co calendario exposicións de arte na Aula de Cultura Ponte de Rosas, o Instituto de Estudos Miñoranos convida á inauguración de "ITINERANCIA(S)", unha selección de traballos de fotografía de gran e pequeno formato da colección autoría de Santi Vega. Será o vindeiro venres 28 de novembro ás 20:30 horas na Avenida da Feira Nº10, baixo Gondomar.


A colección de Santi Vega vén de ser seleccionada pola Fundación AENA para o seu catálogo de fotografía 2014, no marco do Premio Nacional que outorga a institución. Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo, dende o 2012 a súa obra forma parte da galería About Art de Pontevedra. Para os miñoranos e miñoranas, a figura de Santi é moi próxima pois exerceu ata hai pouco o sacerdocio ao fronte das igrexas parroquiais de Camos, Priegue e Parada, onde acolleu xeiras e eventos organizados polo IEM no eido da difusión do patrimonio cultural. Ademais, é un activo colaborador e participante das actividades desta asociación. Na actualidade exerce como crego da igrexa O Rocio de Coia.
O acto inaugural contará coa presentación do seu traballo e traxectoria a cargo doutro membro da casa, o artista plástico Fernando Casás, así como dos coordinadores da Aula, Antonio Soliño Troncoso e Fino Lorenzo. Rematado o coloquio, compartirase co artista un xeitoso viño das Bodegas Terras Gaudas, e unhas gorentosas roscas da Panadería Copena de Gondomar, entidades fornecedoras da sala de exposición