Luns, 22 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

Castro e Ladeira convoca á formación dun grupo de danza tradicional na parroquia de #Sabarís.

Correo-e Imprimir PDF

A actividade pretende formar un grupo de baile galego para a parroquia, segundo da conta Martín Otero, da asociación veciñal Castro e Ladeira de Sabarís. Para iso están abertas as inscricións para comezar as clases formativas no local da asociación. Os interesados deben dirixirse ao local os luns de 11 a 13 ou xoves de 19 a 21:30 horas. O colectivo pon a disposición o enderezo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .

Nace a Red de Cine Doméstico

Correo-e Imprimir PDF

red-cine-domestico-caceres-•Distintas iniciativas chegadas de nove comunidades autónomas crean esta rede tras unha xuntanza en Cáceres
• Proxecto Socheo con fondos de filmes do Baixo Miño e Val Miñor é o representante galego nesta rede
Nove iniciativas de toda España acordaron a constitución dunha rede dedicada á recuperación, conservación e difusión do cinema doméstico nos seus diferentes soportes. É a Red de Cine Doméstica.

Don José Filgueira, o santo das Letras Galegas 2015

Correo-e Imprimir PDF

g1Con motivo do Día das Letras, dedicadas este ano a don José Filgueria Valverde, a profesora e veciña de Nigrán, Camiño Noia, preparou este texto publicado no DUVI, que valminor.info reproduce na súa totalidade con autorización da autora..

En plena celebración do 25 aniversario da Universidade de Vigo é tempo de botar a ollada atrás e lembrar datas e persoeiros que, dun ou outro xeito, contribuíron a facer o camiño do que hoxe é esta institución. E, entre os múltiples nomes a lembrar e enxalzar está, como non podía ser doutra maneira nesta fin de semana, o de José Filgueira Valverde, quen o 31 de maio de 1996 foi investido doutor honoris causa desta Universidade. Foi nun acto celebrado no salón de actos da Escola de Enxeñaría Forestal no campus de Pontevedra e exerceu como madriña a catedrática do Departamento de Filoloxía Galega e Latina Camiño Noia, quen agora lembra neste artigo a figura "do polígrafo galeguista de grande importancia na cultura galega", "pioneiro na investigación" e "merecente da homenaxe que este ano recibe nas Letras Galegas".

Peitieiros celebra este domingo as Letras Galegas coa entrega dos premios do II Certame literario

Correo-e Imprimir PDF

centro cul peitieirosEste domingo 10 de maio ás 19:00 h. o Centro Cultural de Peitieiros organiza a festa das Letras Galegas. O acto rematará coa actuación do grupo de teatro Bertorella que representará O Tiriñas, sobre un relato de Victoriano Taibo

Araúxo reclama o Día das Letras Galegas de 2016 para Victoriano Taibo, escritor e mestre de Morgadáns.

Correo-e Imprimir PDF

vitoriano-taiboO concelleiro nacionalista non adscrito Antonio Araújo presentará a acordo do pleno de Gondomar, que se reúne este xoves ás 20.00 horas, solicitar á Real Academia Galega que dedique o Día das Letras Galegas de 2016 á traxectoria de Victoriano Taibo, escritor e fornecedor da lingua do país. Victoriano Taibo, nado en Santigao, estivo vinculado a Morgadáns, onde recidiu e exerceu como mestre na primeira metade do século XX.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL