Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Unha xornada de lectura pública pecha o II Obradoiro de creación literaria Victoriano Taibo.

Unha xornada de lectura pública pecha o II Obradoiro de creación literaria Victoriano Taibo.

Correo-e Imprimir PDF
obradoiro

Unha ducia de persoas participaron nestes meses de outubro e novembro no ” II Obradoiro literario Victoriano Taibo: Desenvolvendo o nobelo”, organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos.  Ao longo das distintas sesións a condutora, Marta Dacosta,  procurou ofrecer motivos de reflexión literaria e pretextos para construír poemas e textos narrativos. Este xoves 27 de novembro ás 20:30 horas, as e os participantes no Obradoiro darán a coñecer as obras realizadas, nun lectura pública que promete non deixarnos indiferentes. Será na Aula de Cultura Ponte de Rosas, sede do IEM, na Avenida da Feira Nº10, baixo, Gondomar. O acto é aberto a todo público e levará por título “Desfíxose o nobelo”.