Sábado, 5 Oct. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

"Os nosos escritores" con Anxo Angueira

Correo-e Imprimir PDF

O Instituto de Estudios Miñoranos achega na súa cita "Os nosos escritores"
a conferencia con Anxo Angueira no salón de sesións do Concello de Nigrán o vindeiro venres 21 ás 19 horas.

Relato do autor O catorce de Vilachán. (na Voz de Galicia)

Era o catorce de Vilachán e había que erguerse cedo, de madrugada. El, Meu Pai, sabía o camiño cos ollos pechos. Subimos á Chisca pola Tomada entre o mouchear dos mouchos. Meu Pai, El, avelloado, parou na Campa. Oíase o rebulicio no fondal da Riaseira, contra Xei, de toda a paxarada por antre as cerdeiras en flor de néboa ó raia-lo día. Collemos a congostra costenta de Espiñeira e fomos saír por tras do píncaro do Pedregal. Oubeou o lobo. O lobo oubea ó entrares en terras de Lousame.

Tertulias do Instituto de Estudios Miñoranos 03-04

Correo-e Imprimir PDF

O Instituto de Estudios Miñoranos acheganos unha nova edición do seu programa "Tertulias do IEM:O autor e a súa obra" para esta tempada 2003-2004.

A primeira tertulia terá lugar o próximo venres 7 de novembro, ás 20:30 h. Nos locais do HOTEL BAHÃ?A de Baiona. Nesta ocasión o relator será o escritor e profesor Xosé Luís Méndez Ferrín que ven de gañar o 1º Premio de Xornalismo Nano Cambeiro. A presentación do  convidado correrá a cargo da profesora Concha Costas.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL