Sábado, 20 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

O mércores parte a primeira Xeira do IEM do verán cun percorrido polas ribeiras do Río Muíños.

Correo-e Imprimir PDF

ribeira muinhosO vindeiro mércores 1 de xullo terá lugar a Xeira polo Río Muíños. O percorrido contará coa guía do director da sección de xeiras do IEM, o botánico Xosé Ramón García. O punto de encontro será a Escola de Vela de Lourido (Praia América) en Nigrán, ás 18 horas.

“A min non me comas” Alumnado do cole Carlos Casares de #Nigrán galardoados pola TVG e a Xunta.

Correo-e Imprimir PDF

aminnonmecomasA Consellería de Cultura e Educación fixo pública hoxe a resolución, que recoñece tres curtas de animación en galego elaboradas por profesorado e alumnado de infantil e primaria e entre as gañadoras atópase A min non me comas, unha entrañable historia para espantar "monstros nocturnos", realizada polo alumnado de 4º do colexio de Vilariño. Segundo da conta a web do Ceip Carlos Casares o traballo foi supervisado polos profesores Iago Castiñeira, Ana Penín e Ana Domínguez.

Obras finalistas dos Premios Xerais 2015.

Correo-e Imprimir PDF

xuradoss premios xerais 2015O xurado da XXXII edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 10.000 euros e no que concorren trinta e catro obras, formado por: Ángel Ramiro Paz «Cano» (libreiro. Libraría Paz de Pontevedra), Anxo González Guerra (profesor xubilado), Sofía Tarela (música), María Costa Vázquez (editora), Alejandro Costas Gándara (programador) e Fran Alonso (secretario do xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto, acordou declarar finalistas as obras presentados cos lemas «Adiante sempre», «De remate» e «Pedra d' Ostral».

Fican en #Nigrán 5 embaixadores da medicina natural e a agricultura ecolóxica.

Correo-e Imprimir PDF

adeline arthurAdeline e Arthur, acompañados de Fernandel (o burro), Gladis (a cabra) e Baytan (o can) compoñen o equipo dos "Eco Trotamundos", implicados nunha viaxe que comezou polo camiño de Santiago dende Francia e que agora os deixa no Val Miñor. A particularidade do equipo fai que as acollidas sexan de familias ou colectivos que lles faciliten un espazo no que en especial, Fenrandel, Gladis e Baytan podan ficar sen problemas. A Casa Colorida de Nigrán será que acolla durante os próximos 15 días a estes viaxeiros que a cambio desta hospitalidade achegarán os seus coñecementos agroecolóxicos na mellora da horta comunitaria da casa.

Os proxectos máis recentes do escultor Silverio Rivas preséntanse na Aula de Cultura Ponte de Rosas.

Correo-e Imprimir PDF

Silverio-RivasITINERARIUS: A mostra do escultor Silverio Rivas inaugúrase este venres 29 de maio ás 20.30h na Aula de Cultura Ponte de Rosas.

Hei de erguer contra o aire, o silencio e o misterio que a terra esconde na súa entraña, escribe o poeta Xavier Seoane nun texto inédito, que presenta esta mostra que desvelará un feixe da máis recente creación plástica de Silveiro Rivas.

O artista nado en Ponteareas amosará unha serie de traballos experimentais en diversos materiais e dimensións. Destacan bosquexos que saen por primeira vez do seu obradoiro e traballos de gran porte en aceiro inoxidable.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL