Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Galicia en Danza subcampiona mundial con España na dance world cup 2015

Galicia en Danza subcampiona mundial con España na dance world cup 2015

Correo-e Imprimir PDF
emotionheader

Galicia en Danza, de Baiona, con 26 bailarinas e bailaríns e dez coreografías propias, dirixidas polas súas profesoras Sheila e Álida Loira Ferradás, formando parte da selección española de danza ven de proclamarse flamante subcampiona na fase final mundial da dance world cup 2015 celebrada en Bucarest (Rumanía) entre o 29 de xuño e o 4 de xullo.


A dance World Cup World 2015 contou coa participación de máis de 3.000 bailarinas e bailaríns de 38 nacionalidades diferentes que durante seis intensas e maratonianas xornadas de competición remataron o sábado coa selección inglesa como brillante campiona e coa selección española clasificada nun moi meritorio segundo lugar.
A participación de Galicia en Danza na selección española é o resultado do excelente traballo e resultados obtidos por esta escola baionesa e miñorana na dance World Cup Spain 2015 celebrada en Sitges (Barcelona) na pasada primavera cun saldo final de seis medallas: unha medalla de ouro, dúas de prata e tres de bronce ademáis dun terceiro posto posto global por escolas de danza.