Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura A Hunters Party conságrase como a maior festa aberta da música electrónica do Val Miñor.

A Hunters Party conságrase como a maior festa aberta da música electrónica do Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF
hunters party 2014

Tras a súa primeira edición en 2013, coa participación dun centenar de persoas, a Hunters Party triplicou asistencia na noite da gran lúa chea deste sábado. Deste xeito, converteuse na maior festa da música electrónica do Val Miñor, coa salientable característica de estar autoxestionada por rapaces da bisbarra e con entrada gratuíta. Congregados na contorna da Caza do Cazador de Gondomar, gozaron dende o lusco fusco ata ben entrada a madrugada das creacións dun selecto grupo de DJs, nun entorno natural que foron quen de protexer e salientar dende as mensaxes de convocatoria.


A forza de chíos e moito WhatsApp, fornecidos por unha páxina en Facebook e unha canle en Youtube, viralizaron a convocatoria que contou cunha excelente produción para guiar aos visitantes ata o monte.

Dim lights Embed Embed this video on your site

Os seus organizadores definen a Hunters Party como unha festa periódica que se celebra na antiga Casa do Cazador de Gondomar e que está organizada por mozos "co único obxectivo de divertirse e facer que os asistentes gocen dunha boa noite con música e artistas de gran nivel". A festa conta con potentes e profesionais equipos de son, expertos en fotografía e música non-stop ata o amencer.

A primeira edición deste evento celebrouse o 26 de xullo de 2013. A intención é que a festa se celebre durante moitos anos "dependendo da afluencia e colaboración dos asistentes ano tras ano", segundo sinalan os organizadores.

Todo o recadado, indican, será para intentar aumentar o nivel e caché dos artistas en próximas edicións. No evento sitúanse barras con bebidas a prezos populares, e a auga é gratis porque "creemos na vida". Tamén pódese levar as propias consumicións, "xa que contamos cun amplo recinto natural e acondicionado a disposición de todo o mundo e que esperaremos que todo o mundo respecte", sinalan.