Venres, 10 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

O goberno do Estado prohibe por decreto os pases de películas de estreo nos cines de verán municipais.

Correo-e Imprimir PDF

DSC00844 CustomOs habituais ciclos gratuítos ou a prezo simbólico de proxeccións cinematográficas dos concellos non poderán incluír películas dunha antigüidade inferior a 12 meses dende o seu estrea en salas de exhibición. Así o establece o artigo 8 do real decreto-lei de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia, co que se modifica a Lei do Cine de 2007, nomeadamente os artigos 7 e 12, e publicados o pasado sábado no Boletín Oficial do Estado (BOE).

Chega o “Berra” máis internacional.

Correo-e Imprimir PDF

berra baionaO cartel do festival  Berra Baiona! empezou a rular nas redes. Salientan nomes coma a banda neoiorquina  The Toasters, os madrileños Super Skunk , así como  ZamaramandiTerbutalina e Ganjahr family and West Rockers Band. Rock, funk, reggae, e a forza da percusión do Bloquinho de samba Aperta aseguran calidade e moita festa. A posta en escena  será o venres 29 de agosto en Baiona. VM.info falou  con Andrés Bonader, presidente da Asociación Cultural e Deportiva Berra Val Miñor, quen adianta todos os detalles do festival.

Relatorio sobre a crítica satírica da monarquía no século XIX, na Capitanía de Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

boboA historia da prensa satírica vai moi ligada ao propio desenvolvemento do xornalismo desde as súas orixes coas gacetas dos séculos XVI e XVII. Mais será no XIX cas sátiras ilustradas medrarán en cantidade e calidade co seu pulo maior no último terzo da centuria. Os obxectivos das críticas eran múltiples e segundo a ideoloxía ou intereses da publicación eran tratados sen piedade, nalgúns casos con escenas que hoxe en día provocarían grande impacto. Nomeadamente a crítica satírica que sufriu a monarquía no século XIX será o centro do faladoiro que abrirá este xoves ás 20:30 horas o 4º Ciclo de Conferencias na Capitanía Marítima de Baiona.

Arte e literatura conxúganse na apertura das exposicións da Capitanía Marítima de Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

gerardo collazo 2O pintor e escritor Gerardo Collazo Vilar e o escultor Santiago Vaz Varela abrirán este ano o ciclo de exposicións que acollerá a Capitanía Marítima de Baiona. Cada ano, nos meses de xullo e agosto, este espazo tínguese coas cores dos centos de artistas que pasan pola sala. As obras de ambos autores estarán expostas desde este mércores 2 ata o día 15 de xullo. Ademais, o venres día 11, Gerardo Collazo Vilar presentará a súa novela El Amanecer de los Justos. Primera parte: Humanidad en este mesmo espazo, ás 20:30, de volta de asinar exemplares na Feira do Libro de Madrid o pasado xoves día 12 de xuño.

The Riggos, Balu Sebula, Red Vintage e Grupo Millo en concerto no III TorreiroRock de Priegue.

Correo-e Imprimir PDF

10446490 587595978021678 2259422822011182125 n 1Priegue bota a andar o III TorreiroRock que este ano presenta unha basta axenda cultural. Ademais dos concertos musicais, terá lugar unha feira artesán, espectáculos de teatro infantil, obradoiros, andainas, exhibicións caninas e un Cineforum que pechará a movida. O TorreiroRock  desenvolverase os días sábado 5 e domingo 6 de xullo no Torreiro de Priegue.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL