Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Relatorio sobre a crítica satírica da monarquía no século XIX, na Capitanía de Baiona.

Relatorio sobre a crítica satírica da monarquía no século XIX, na Capitanía de Baiona.

Correo-e Imprimir PDF
bobo

A historia da prensa satírica vai moi ligada ao propio desenvolvemento do xornalismo desde as súas orixes coas gacetas dos séculos XVI e XVII. Mais será no XIX cas sátiras ilustradas medrarán en cantidade e calidade co seu pulo maior no último terzo da centuria. Os obxectivos das críticas eran múltiples e segundo a ideoloxía ou intereses da publicación eran tratados sen piedade, nalgúns casos con escenas que hoxe en día provocarían grande impacto. Nomeadamente a crítica satírica que sufriu a monarquía no século XIX será o centro do faladoiro que abrirá este xoves ás 20:30 horas o 4º Ciclo de Conferencias na Capitanía Marítima de Baiona.

Será a profesora Dolores Troncoso Durán, catedrática de Literatura Española da Universidade de Vigo, quen desenvolverá este coloquio que promete unha mirada no tempo dunha temática por demais vixente. Con esta, dará inicio o calendario de faladoiros que irán todos os xoves de xullo e agosto na Capitanía e que organiza e coordina o profesor Antonio Piñeiro, da Complutense de Madrid.