Venres, 10 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

Un cronista da vella Erizana xermola nas fontes de Baíña

Correo-e Imprimir PDF

Anxo-museoChámase Anxo Rodríguez Lemos, non chega aos 20 mais coñece Baiona como poucos. Aos 15 anos recuperou máis de 1200 nomes de lugares (topónimos), a maioría deles a punto de desaparecer para sempre pois só arquivaban na memoria dos veciños máis antigos. A súa colección de postais, trípticos de cine e teatro e romances de cego do Val Miñor entre outras xoias, é digna dunha exposición pública.

Percorre bibliotecas e arquivos de toda a península na procura de documentos que lle permitan reconstruír a historia da súa gran paixón: a vella Erizana. Unha fermosa teima herdada da súa bisavoa, Aurelia Otero Prado e cultivada dende neno, agora encamiñada nas aulas de Historia da Universidade de Santiago. 

Xavier Vence e Xan Carballa presentan o libro “Temos dereito a un futuro distinto”, no IEM.

Correo-e Imprimir PDF

capa libro vence carballaO vindeiro mércores 24 de setembro ás 20:30 horas terá lugar unha presentación-coloquio do libro Temos dereito a un futuro distinto. Conversas con Xavier Vence (Engaiolarte, 2014). Obra centrada nunha profunda entrevista do xornalista Xan Carballa ao economista e portavoz nacional do BNG, Xavier Vence. O libro será presentado nun acto cultural a desenvolver na Aula de Cultura Ponte de Rosas, na Avenida da Feira, Nº 10, baixo, Gondomar. Contarase coa presenza de Xan Carballa e Xavier Vence.

Presentación do poemario “dun lago escuro”, de Marta Dacosta. Premio Johán Carballeira 2013.

Correo-e Imprimir PDF

dun lago escuroEste venres 19 de setembro, ás 20:30 horas terá lugar a presentación do libro dun lago escuro (Xerais, 2014), o poemario gañador do Premio Johán Carballeira 2013, autoría da escritora Marta Dacosta. O evento contará coa presenza da autora, quen estará acompañada polos escritores Miguel Anxo Mouriño e Pedro Feijoo Barreiro. O acto como é habitual terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas, na Avenida da Feira nº10, baixo en Gondomar.

A Casa Colorida do Val Miñor preséntase ante os ollos de Europa.

Correo-e Imprimir PDF

xantar popularEste modelo de espazo de convivencia colaborativa e inspirado na cultura libre con sede física en Nigrán, será presentado no II Encontro Europeo de Prácticas Cooperativas Cidadás (Cooperland), que terá lugar este venres 19 e sábado 20 en Vigo. A Casa Colorida leva mais dun ano como vivenda permanente dun equipo de creadores e feitores de diversas iniciativas económicas e culturais. Entre elas, ofrecen residencias temporais a artistas e colectivos que estean a procurar un lugar onde emprender proxectos relacionados coas Economías Alternativas, os Sistemas de Información, as Novas Territorialidades, as Artes Interactivas e outros modelos de institucións solidarias.

Convocan ás compañías galegas de artes escénicas para a nova edición de Galicia Escena PRO

Correo-e Imprimir PDF

8mm teatroA Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon en marcha unha nova edición do mercado galego de artes escénicas Galicia Escena PRO, que se celebrará do 3 ao 5 de novembro de 2014 en Santiago de Compostela co obxectivo de impulsar e dinamizar a contratación dos espectáculos producidos en Galicia.

As funcións diríxense a programadores, distribuidores e promotores culturais que se desprazarán á capital de Galicia para presenciar persoalmente as últimas montaxes das compañías galegas e conformar a súa selección cara ás contratación da temporada. O público xeral tamén poderá gozar de boa parte desta carteleira nos recintos con capacidade en número de butacas superior aos profesionais acreditados.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL