Xoves, 25 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura A Casa Colorida do Val Miñor preséntase ante os ollos de Europa.

A Casa Colorida do Val Miñor preséntase ante os ollos de Europa.

Correo-e Imprimir PDF
xantar popular

Este modelo de espazo de convivencia colaborativa e inspirado na cultura libre con sede física en Nigrán, será presentado no II Encontro Europeo de Prácticas Cooperativas Cidadás (Cooperland), que terá lugar este venres 19 e sábado 20 en Vigo. A Casa Colorida leva mais dun ano como vivenda permanente dun equipo de creadores e feitores de diversas iniciativas económicas e culturais. Entre elas, ofrecen residencias temporais a artistas e colectivos que estean a procurar un lugar onde emprender proxectos relacionados coas Economías Alternativas, os Sistemas de Información, as Novas Territorialidades, as Artes Interactivas e outros modelos de institucións solidarias.


O seu modelo será exposto conxuntamente con outras experiencias cooperativas e proxectos sociais de Italia, Estonia, Croacia, Holanda, Grecia e de distintos puntos do Estado español . Neste encontro europeo, debaterán a situación, problemas e potencialidades deste tipo de iniciativas, nun espazo no que tamén amosarán a súa experiencia ao redor dunha vintena de proxectos galegos. As xornadas celebraranse no antigo reitorado da cidade de Vigo na rúa Porto, 1.