Xoves, 9 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

Entrevista a Hunter Party, música electrónica feita no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

6665 646176802147101 6556176917412181829 nChega o outono e aínda golpean os ecos da festa electrónica do verán na Casa do Cazador, nos montes de Gondomar. Era a noite da gran lúa e sen subvencións nin publicidade nos medios, a puro chío nas redes e “whatsapp” xuntáronse máis de trescentas persoas para vivir unha xornada de música NON STOP de máis de 8 horas. Todo organizado por un grupo de mozas e mozos do Val Miñor, creativos e amantes da música. Hunters Party é o nome deste colectivo que xa conta con DJs residentes como Dead Monkeys e D'Duo π, con cartel e prestixio entre os seareiros do xénero en Galicia.  

Co colectivo faolou VM.info para coñecer un pouquiño máis das súas andainas.

A Editora Emerxente convoca o “I Premio de Micronovela Emerxente”

Correo-e Imprimir PDF

Poderán concorrer ao I Premio de Micronovela Emerxente autoras e autores de calquera nacionalidade, presentando unha soa obra escrita en calquera das normas do galego-portugués (RAG, AGAL, Portugués Padrón). O premio constará da publicación do libro, nunha primeira edición de cen exemplares, da que se derivarán os preceptivos dereitos.
As obras aspirantes, que deberán ter unha extensión comprendida entre as 50 e as 60 páxinas (Times New Roman, 12, espaciado dobre), serán inéditas na súa totalidade e en calquera formato, físico ou dixital.

Presentación do libro “Álvaro Cunqueiro. Trinta poemas. Selección, introdución e comentarios”, de Camiño Noia.

Correo-e Imprimir PDF

Trinta-poemas-cunqueiroO vindeiro venres 3 de outubro ás 20:30 horas terá lugar a presentación de Álvaro Cunqueiro. Trinta poemas. Selección, introdución e comentarios (Centro PEN-Galicia, 2014). Unha revisión crítica da poesía  da madurez do escritor de Mondoñedo na que a profesora Noia propón unha interpretación sobre a íntima relación do autor coa súa obra. 

O acto contará coa presenza da autora do libro, Camiño Noia Campos e César Cunqueiro, fillo do poeta, quen serán presentados por Miguel Anxo Mouriño, na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avenida da Feira nº 10, baixo, Gondomar)

Paco Nogueiras abre a nova tempada de Espazo Lectura coa presentación do espectáculo Brinca vai!

Correo-e Imprimir PDF

image009

O músico Paco Nogueiras presentará mañá, 1 de outubro, ás 18:00 horas, na Casa da Lectura (Donas), o seu primeiro traballo discográfico propio, titulado “Brinca Vai!” e editado por KALANDRAKA en formato libro-cd-dvd. Con ilustracións de David Pintor e vídeos musicais gravados por José Miguel Sagüillo, “Brinca Vai!” reúne doce cancións en galego dirixidas ao público infantil e familiar. Neste concerto -co que se inaugura a nova tempada de actividades de animación á lectura de Espazo Lectura- Paco Nogueiras interpretará unha escolma deses temas, con música en directo. 

Outubro recibe o ciclo “Cine e Memoria II” no Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF

webCine memoria-O documental A Volta dos Nove de Antonio Caeiro será estreada no Val Miñor dentro do ciclo "Cine e Memoria II" organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos.

O informe provisional do Relator da ONU, Pablo Greiff trala súa visita a Galicia en xaneiro, así como o reclamo do mesmo organismo –por 4ª vez – ao Estado español para que cumpra coas diferentes lexislacións que en materia de dereitos humanos ten asinadas, reflicten o estado marxinal na que se atopa a problemáticas das vítimas do franquismo e a impunidade dos crimes dese réxime. As xornadas provinciais de Memoria Histórica organizadas polo Instituto de Estudos Miñoranos no 2009, deixaron en evidencia que arestora emprender unha investigación na procura de información para esclarecer o acontecido así como calquera intento de desenvolver exhumacións de fosas enfronta innumerables pegas por parte das administracións públicas.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL