Venres, 10 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

A memoria histórica non ten "espazo" no Val Miñor. O documental "A volta dos nove" terá que estrearse en Vigo.

Correo-e Imprimir PDF

CARTEL-NOVO-DA-VOLTA-2O 27 de setembro ás 20:30 horas a película documental A Volta dos 9 verá a luz logo de 8 anos de produción. Sen embargo, esta historia por demais vencellada ao pasado recente do Val Miñor, non terá a súa estrea na bisbarra. O Concello de Nigrán negou o Auditorio Municipal a tal fin. A concelleira de Cultura, Liliana Silva (PP) comunicou telefonicamente no pasado mes de xullo que o auditorio municipal estaría ocupado todas as fins de semana de setembro, sen interesarse en procurar unha solución alternativa, segundo denuncia Antonio Caeiro, director do filme.

Peitieiros presenta a Semana Cultural e o XXI Festival Folclórico Internacional

Correo-e Imprimir PDF

semana peitieiroO vindeiro sábado 23 de agosto, ás 20 horas, o Centro Cultural de Peitieiros, Gondomar, celebra o XXI Festival Folclórico Internacional. Como xa se fixo o ano pasado, como actividade previa ao Festival Folclórico, celébrase a Semana Cultural que comezará o martes 19.

Corenta e nove obras concorren ao VII Premio de Poesía Victoriano Tabio – Entidade Local de Morgadáns.

Correo-e Imprimir PDF

obras-vt-webCorenta e nove obras participarán no 2014 da VII edición do Premio de Poesía Victoriano Taibo - Entidade Menor Local de Morgadáns, organizado polo Instituto de Estudos Miñoranos. Cantidade que fai desta edición a de maior participación de orixinais dende a creación do certame no ano 2008.

Cópera Prima: a nova web serie que está a xermolar no Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

copera-primaCópera Prima titúlase a nova web serie que tratará temáticas relativas á mocidade e terá o Val Miñor como principal escenario. Os seus fornecedores son un grupo de mozas e mozos estudantes da EAV de Vigo, a maioría deles residentes en Gondomar. Tras presentar este proxecto no concurso do programa Iniciativa Xove da Xunta de Galicia, acadaron un apoio económico para producir o primeiro capítulo piloto que se espera, poda ser estreado no vindeiro mes de outubro. O mesmo contará cunha xira polos campus universitarios de Vigo, Santiago, Pontevedra e A Coruña; antes do seu ingreso nas redes. VM.info falou cos promotores da serie para coñecer detalles do traballo.

Comuñeiros de Santa María de Oia queren recuperar o castro de Chavela.

Correo-e Imprimir PDF

mosteiro-dende-chavellaUn traballo de conservación e estudo do castro de Chavela (Oia) dará comezo esta semana por parte da Comunidade de Montes de Santa María de Oia e co apoio da Asociación Cultural Amigos do Mosteiro de Oia. Os colectivos desenvolverán unha medición do xacemento co obxectivo de coñecer as súas dimensións. Tamén se practicarán traballos de limpeza e mantemento para facilitar o acceso e mellor goce do xacemento por parte dos visitantes. Os promotores da intervención informan que contan cos preceptivos permisos da Dirección de Patrimonio da Xunta de Galicia

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL