Venres, 10 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

A rondalla Santiago de Parada busca aspirantes e convoca á nova tempada de ensaios.

Correo-e Imprimir PDF

rondalla-parada-1

Contan con 50 integrantes dirixidos por Miriam Méndez Meira, pero queren seguir facendo historia na parroquia e lavar as súas músicas polo país. Por eso, a rondalla de Santiago de Parada convoca a nenas e nenos, mulleres e homes, sen importar a idade a convertirse en "rondalleiros" e unirse ao grupo totalmente de balde. Eles achegan os instrumentos para quen os necesite. Os ensaios comezan o vindeiro sábado 6 de setembro ás 21 horas no Centro Cultural Parada do Miñor, no Camiño da Igrexa, 6 (Parada – Nigrán). A disposición dos interesados poñen o enderezo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .

E haberá cronopios no Val Miñor? - A viaxe de Julio Cortázar ao Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF

Julio Cortázar, apoiado sobre un dos piñeiros de Monte Lourido, en Nigrán, durante a súa viaxe a Galicia a finais dos anos cincuenta. | Imaxe colección CGAI

N

o centenario do nacemento de Julio Cortázar lembramos a viaxe que o escritor arxentino e Aurora Bernárdez, a súa dona, fixeron á comarca do Val Miñor, nas Rías Baixas, a finais dos cincuenta.

Palestina: “a terra das laranxas tristes”. Visita do profesor Moncho Iglesias ao Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

moncho iglesiasA vida en Palestina máis alá da violencia, da pobreza, dos foguetes nas rúas ... existe. Aínda que acotío os relatos en imaxes, escritos e sons a ocultan ou restrinxen a cadáveres, orfos , viúvas e viúvos. A recente visita á Aula de Cultura Ponte de Rosas do profesor da Universidade An‐Najah (Nablus-Palestina) Moncho Iglesias Míguez, permitiu a un centenar de veciños da bisbarra achegarse de primeira man a esa realidade, descoñecida para a maioría.

A música conquista os intramuros do Pazo do Conde de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

audicion-paso-2O cisne de Camille Saint-Saëns puido verse na fonte central do patio de armas. E Praga estaba alí, ao final dunha ruta que dende esa fonte abriuse camiño cara o Moldava que inspirou a Bedrich Semetana no seu Má Vlast. Todo iso e moito máis ocorreu no interior dos pétreos muros do Pazo do Conde de Gondomar grazas á capacidade comunicativa de Manuel López- Benito para contaxiar a súa exquisita sensibilidade musical ao auditorio. O musicólogo abriu a audición coa abertura do Barbeiro de Sevilla (Giocchino Rossi, 1792-1868) acompañado dunhas duascentas almas que aceptaron o convite conxunto feito polo IEM e Escenarios Musicais para gozar da velada nos xardíns da senlleira casa da familia herdeira de Diego Sarmiento de Acuña, I Conde de Gondomar.

A deseñadora de traxes tradicionais Patricia González pecha a Semana Cultural de Peitieros.

Correo-e Imprimir PDF

centro cul peitieirosEste venres 22 de agosto ás 20:00h. no Centro Cultural remata a Semana Cultural organizada polo Centro Cultural de Peitieiros, cun charla e mostra do Traxe tradicional a cargo da deseñadora e costureira de traxes tradicionais galegos Patricia González. Os seus traxes teñen aires renovados, mais mantendo a esencia do século XIX e principios do XX. Patricia González tamén elabora fundas de moitos instrumentos musicais, entre eles gaitas. Esta costureira da parroquia de Saiáns, en Vigo, leva 18 anos impartindo clases de costura tradicional. Patricia González tamén é pandereteira e integrante do grupo Zurrumalla.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL