Venres, 10 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

O IEM organiza unha nova “Noite de estrelas e lobos” na Serra da Groba.

Correo-e Imprimir PDF

montoutoA tradicional xeira "Noite de estrelas e lobos" que desenvolve o IEM todos anos na Serra da Groba terá lugar este mércores 30 de xullo. Sen necesidade de inscrición previa o punto de encontro será en Chan da Lagoa (Baiona) a partir das 21 horas. Coa guía dos membros do IEM, Xilberte Manso e Xosé Lois Vilar, subiremos ao Montouto para gozar do atardecer coas abraiantes vistas do Val Miñor, a Ría de Vigo e se o tempo o permite divisar Fisterra.

Attachments:
File
Download this file (Folleto Xeira 5 de 2014 maqueta 3.pdf)Folleto informativo

A organización do Festival portAmérica indica o procedemento para o abono da xornada do venres

Correo-e Imprimir PDF

Love of lesbian en portamerica 2013 - © Foto Oscar PinalA organización do festival portAmérica Rías Baixas informou hoxe sobre o procedemento para o abono do importe das entradas da xornada anulada do venres.

 

Os veciños de Baiña despuntan a programación cultural do verán organizando o I Festival Intercéltico con artistas internacionais

Correo-e Imprimir PDF

O gaiteiro Anxo Lorenxo e o violinista irlandés Eoghan NeffO virtuoso violinista irlandés Eoghan Neff, a icona figura da fusión celta & techno de Anxo Lorenzo xunto con bandas como Xarabal e Banda Baile Asalto xa serían suficiente cartel para convocar aos amantes da música a unha velada exquisita. Se engadimos a posibilidade de descubrir en escena a dous grupos centroamericanos que dan á música celta un sotaque propio o convite é irresistible. Así de potente se presenta o Festival Intercéltico que terá lugar na parroquia de Baíña (Baiona) o vindeiro venres 18 de xullo a partir das 21:30 no espazo do Centro Cultural da parroquia. Descubrimos o seus secretos nesta entrevista con Pilar Rodríguez, da organización do evento.

Asi era o petróglifo do Chan de Rapadouro estragado en Chandebrito

Correo-e Imprimir PDF

Chan de Rapadouro Foto Angel de Prado

Así era o petróglifo do Chan ou mar de Rapadouro, estragado na parroquia de Chandebrito e denunciado hoxe pola Asociación "Chandebrito 1807". 

A cámara de Angel de Padro, membro do Clube Espeleolóxico Maúxo, recollía así estas imaxes espectaculares destes gravados castrexos.

Estragan os petróglifos das Chans de Rapadouro e da Lapela en Chandebrito e rouban os paneis informativos.

Correo-e Imprimir PDF

IMG 0003A Asociación "Chandebrito 1807" comunicou no dia de hoxe ao Concello de Nigrán e á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura que se observaron danos que sufriron os grupos de petróglifos Chans de Rapadouro e da Lapela na parroquia de Chandebrito.
Segundo da conta o seu portavoz Carlos Goméz os anos observados son:
- Petroglifo das Chans de Rapadouro, As Tomadas (a uns 300 m. ao norte do Colexio Estudio, na marxe esquerda da pista forestal de acceso ao Monte Sanomedio): raiado da superficie dos gravados e substracción do panel informativo colocado ao pé destes.
- Petróglifo da Lapela, no barrio da Igrexa (ao nordés da canteira, na marxe esquerda da pista asfaltada que se dirixe ao Monte Alba, Valadares): Substracción do panel informativo e do valo de madeira de delimitación e protección -colocados hai poucos anos, entre o camiño e a rocha que contén os petróglifos- e propagación de maleza que rodea aos gravados -provocando riscos da súa destrución no caso de incendios forestais-).

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL