Luns, 26 Feb. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Estragan os petróglifos das Chans de Rapadouro e da Lapela en Chandebrito e rouban os paneis informativos.

Estragan os petróglifos das Chans de Rapadouro e da Lapela en Chandebrito e rouban os paneis informativos.

Correo-e Imprimir PDF
IMG 0003
IMG 0004
IMG 0005
IMG 0006
IMG 0007
  • Anterior
  • 1 of 5
  • Seguinte

A Asociación "Chandebrito 1807" comunicou no dia de hoxe ao Concello de Nigrán e á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura que se observaron danos que sufriron os grupos de petróglifos Chans de Rapadouro e da Lapela na parroquia de Chandebrito.
Segundo da conta o seu portavoz Carlos Goméz os anos observados son:
- Petroglifo das Chans de Rapadouro, As Tomadas (a uns 300 m. ao norte do Colexio Estudio, na marxe esquerda da pista forestal de acceso ao Monte Sanomedio): raiado da superficie dos gravados e substracción do panel informativo colocado ao pé destes.
- Petróglifo da Lapela, no barrio da Igrexa (ao nordés da canteira, na marxe esquerda da pista asfaltada que se dirixe ao Monte Alba, Valadares): Substracción do panel informativo e do valo de madeira de delimitación e protección -colocados hai poucos anos, entre o camiño e a rocha que contén os petróglifos- e propagación de maleza que rodea aos gravados -provocando riscos da súa destrución no caso de incendios forestais-).


A asociacións solicitou a ámbalas dúas administracións que se tomen as medidas oportunas "para investigar estes danos para as accións que procedan e a restauración destes".