Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Gondomar Denuncian máis desfeitas e desleixo na conservación dos petróglifos da Serra do Galiñeiro.

Denuncian máis desfeitas e desleixo na conservación dos petróglifos da Serra do Galiñeiro.

Correo-e Imprimir PDF
Pedra-procesion-xiz-2
seixinhos-brancos-2
seixinhos-brancos1
Agua-III-1
auga-IV-1
santa-lucia-I-1
santa-lucia-I-2
Tomada-de-Xacobe-1
Tomada-de-Xacobe-2
santa-lucia-III-2
  • Anterior
  • 1 of 10
  • Seguinte

Petróglifos utilizados de aparcadoiros, talas enriba das estacións arqueolóxicas, espallamento de entullo, falla de sinalización e novos riscados sobre "A Pedra das Procesións" en Agua da Laxe son algunhas das desfeitas denunciadas por Pablo Casal tras unha percorrida didáctica este martes pola Serra do Galiñeiro.

Pablo Casal volve a denunciar o "total estado de indefensión" no que se atopan varias das estacións de arte rupestre localizadas na Serra do Galiñeiro. Tras unha percorrida pola zona, o denunciante puido observar e documentar -entre outras desfeitas- unha nova incursión ilegal sobre a mítica "Pedra das Procesións" (Agua da Laxe I), a que foi riscada unha vez máis co que parecería ser xiz branca. Práctica totalmente prohibida polas súas nocivas consecuencias na conservación dos petróglifos.
O que era unha percorrida rutinaria pola serra no deseño de rutas de visitas pedagóxicas para escolares e estudantes da zona, rematou na constatación da existencia de sete estacións de arte rupestre "nun estado lamentable", afirmou este martes Pablo Casal. Afectadas pola falla de limpeza e sinalización, hai estacións como a de Santa Lucía I, a carón do picadeiro de Vincios, onde os coches aparcan practicamente enriba dela. A poucos metros, a Santa Lucía III e presa do musgo e o lixo que cobren parte da súa superficie. Unha constatación que preme alarmas ante a proximidade do verán, nun enclave proclive a incendios.

En similar estado amosan as imaxes capturadas por Casal da Tomada de Xacobe (Vilas – Morgadáns), Agua da Laxe III e IV (Os Bromús – Vincios), e máis o conxunto coñecido como Os Seixiños Brancos (Vilas - Morgadáns). Este último rodeado ademais por entullo espallado na súa contorna. Situación que "leva varios anos", segundo ten constatado Casal.
Moitas destas desfeitas son produto da ignorancia ou desleixo das autoridades responsables, salienta o profesor. Sen embargo, sinala que no caso da Pedra das Procesións o riscado "lamentablemente é obra de alguén que coñece do tema", polas formas de contornear os gravados, en xeral para a realización de fotografías. Nese senso, lembra que o ano pasado fixérase o mesmo nesta estación utilizando xiz de distintas cores. Desfeita que tamén puido observar nun petróglifo de complexo deseño e difícil localización na parroquia de Chaín, con trazas similares.