Venres, 19 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán Socialistas denuncian o abandono municipal do proxecto de recuperación patrimonial de Chandebrito.

Socialistas denuncian o abandono municipal do proxecto de recuperación patrimonial de Chandebrito.

Correo-e Imprimir PDF

sendeiro2-chandebrito

O pasado decembro a Asociación Veciñal "Chandebrito 1807", reclamaba a urxente intervención do Concello de Nigrán para evitar o agravamento do declive do conxunto patrimonial. Muíños, gravados rupestres, restos castrexos e outras pezas de gran valor arqueolóxico e etnográfico eran sinalados como moi afectado pola falla mantemento e actos vandálicos. Sen embargo o goberno municipal "dá por rematado" o proxecto coa Unión Europea iniciado en 2005 que permitía o financiamento dos traballos de recuperación e posta en valor do enclave, segundo denuncia este luns o edil socialista Juan González.

paneis chandebrito

O proxecto, na súa realización, "recuperaba tanto o patrimonio rupestre co tratamento dos petróglifos, como o espazo natural e etnográfico e enmárcase na liña de dinamizar esta parroquia para que ao tempo, elevar a calidade de vida dos veciños e proxectar ao exterior unha oferta alternativa ao turismo de praia", sinala González. Engade que a súa posta en marcha axudou á economía de Chandebrito e Nigrán coa chegada de turistas provenientes dos cruceiros que facían escala en Vigo.

cartel-mato
Acusa ao equipo do alcalde popular Alberto Valverde pola "ausencia de todo tipo de actividades culturais ou turísticas" na parroquia durante este mandato. Desleixo que se agrava segundo o voceiro socialista polo "abandono total e absoluto de sendeiros, rutas, sinalizacións ou dos propios elementos etnográficos".
"Chandebrito e Nigrán perden de este xeito, e case definitivamente polo total e absoluto abandono, unha das súas sinais de identidade e bota por terra unha das maiores apostas de anteriores gobernos", salienta o edil opositor. A decisión de dar por rematado o proxecto racha coa posibilidade de revitalizalo, asegura. A súa agrupación reclama ao equipo de goberno que "sexan quen de, polo menos, limpar e manter o mellor posible este gran proxecto ata que un novo goberno tome as rendas de esta parroquia e deste concello de Nigrán"