Venres, 10 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

A xeira marítima do IEM emitida por internet, seguida dende 12 países

Correo-e Imprimir PDF

Momento da emisión no barco co solpor nas CíesA emisión conseguiu acadar o interese de medio milleiro de persoas de doce países que escoitaron as explicacións do arqueólogo Xose Lois Vilar sobre a talasonímia e os afundimentos na costa entre Baiona e as Cíes.

Os nomes do mar e o solpor nas illas Cíes foron seguidos no resto de España, Bélxica, Arxentina, Noruega, Portugal, Reino Unido, Suiza, Alemania, Andorra, Irlanda, Turquía e Estados Unidos.

Mulleres Galegas Kañeras: Trinta artistas procuran financiar un proxecto común en VERKAMI.

Correo-e Imprimir PDF

canherasO proxecto Mulleres Galegas Kañeras (MGK) so procura a gravación dun tema en estudio e un videoclip. Mais a cousa non é tan doada como parece. A movida implica xuntar a máis de trinta artistas das catro provincias do país para unha produción colectiva. O seu obxectivo maior é dar visibilidade a unha corrente alternativa que día a día medra en integrantes e creacións culturais, e que sen embargo amosa illada dos grandes medios de difusión. Procuran acadar a través do micro-mecenado uns 1.500 euros para pagar os custes de produción que implica a contratación de estudos e profesionais, ademais dos gastos de mobilidade.  Susana Seivane, Mercedes Peón e Teté Delgado xa comprometeron a súa participación desinteresada no proxecto. Agora toca achegar dende 3 euros en diante na conta de VERKAMI, para facer posible este soño.

O decreto de Rajoy sobre as exhibicións cinematrográficas nos municipios afecta toda a programación do Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

 "Pitufos 2" esta noite no Campo das Redes (Nigrán) e a case totalidade da axenda cinematográfica que comeza a próxima semana en Baiona está afectada polo decreto que prohibe os pases de películas de estreo en salas e vídeo clubs (12 meses de antigüidade) nos ciclos de cines municipais. O novo decreto da administración Rajoy, xa bautizado como "decreto Frankenstein" pola diversidade e disparidade das temáticas das leis recollidas,  chega coas programacións de verán xa elaboradas polas administracións locais, xerando así unha situación de incerteza xurídica e no caso de que o goberno faga valer a nova lei en vigor, un prexuízo económico para as empresas encargadas da montaxe técnica e proxección das películas. Ata esta mañá, ningún dos concellos afectados ten comunicado se a pesar da entrada en vigor do decreto, manterán ou modificarán a carteleira dos ciclos programados.

O Centro Neural de Gondomar acolle unha exposición de óleos de José Luis Valverde “O Soleiro”

Correo-e Imprimir PDF

soleiro-5O Centro Neural do municipio acolle estes días unha exposición de óleos de José Luis Valverde Fernández “ O Soleiro”. A mostra, composta por 29 óleos, recolle obras elaboradas dende o ano 1968 ata a actualidade, e en todas elas se constata unha exquisita fidelidade á realidade. "O meu primeiro cadro é do ano '66. A pintura sempre foi o meu hobby e agora, cos anos, púidenlle dedicar o tempo necesario. Por iso decidín expoñelos, para compartir o meu traballo con todo o que o desexe," explica o autor.

As lendas, os naufraxios e a historia do mar, en directo por internet acompañando a ruta marítima do IEM.

Correo-e Imprimir PDF

barco-baiona-tabletToda a ruta marítima do Instituto de Estudos Miñoranos deste mércores 9 de xullo poderá seguirse en directo a través de VM.info. Dende o inicio do percorrido ás 21:30 horas en diante, o equipo técnico de K12 Comunicación darán cobertura a toda a ruta, que emitirase en directo por internet dende o propio barco, se as condicións climáticas o permiten, e permitirá seguir as narracións do arqueólogo Xosé Lois Vilar así como interactuar con preguntas e comentarios a través dun chat habilitado na propia web A emisión poderá visualizarse con calquera tipo de dispositivo: ordenador, tablets ou teléfonos móbiles con conexión a Internet.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL