Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Presentación do libro “Álvaro Cunqueiro. Trinta poemas. Selección, introdución e comentarios”, de Camiño Noia.

Presentación do libro “Álvaro Cunqueiro. Trinta poemas. Selección, introdución e comentarios”, de Camiño Noia.

Correo-e Imprimir PDF
Trinta-poemas-cunqueiro

O vindeiro venres 3 de outubro ás 20:30 horas terá lugar a presentación de Álvaro Cunqueiro. Trinta poemas. Selección, introdución e comentarios (Centro PEN-Galicia, 2014). Unha revisión crítica da poesía  da madurez do escritor de Mondoñedo na que a profesora Noia propón unha interpretación sobre a íntima relación do autor coa súa obra. 

O acto contará coa presenza da autora do libro, Camiño Noia Campos e César Cunqueiro, fillo do poeta, quen serán presentados por Miguel Anxo Mouriño, na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avenida da Feira nº 10, baixo, Gondomar)

Da obra.

Esta escolma de trinta poemas tenta mostrar os distintos vieiros que chegan á intimidade, agochada e compartida, do poeta. A profesora Camiño Noia considera que o éxito de Álvaro Cunqueiro como narrador empeceu a difusión da súa poesía de madurez, dificultando que gozase dela un amplo lectorado.

Camiño Noia

Santiago de Compostela, 1945. Catedrática de Filoloxía Galega na Universidade de Vigo. A súa investigación esténdese ós campos da lingua e da literatura galegas, con especial dedicación á narrativa, á escrita de mulleres, á historia da tradución e á narrativa oral. É autora de libros como Palabra de muller (1992), Contos galegos de tradición oral (2002) ou Catálogo tipolóxico do contos galego de tradición oral (2010)