Luns, 20 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

O IEM presenta o calendario das Xeiras 2014 con 11 rutas por mar e terra para gozar do Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF

xeiras iem 2014Como xa é tradicional no verán o Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) organiza unha serie de visitas-guiadas ou Xeiras a distintos lugares de especial interese histórico, artístico, natural e paisaxístico do Val de Miñor e a súa contorna, dirixidos por especialistas no tema da visita. Para esta edición 2014 preséntanse once percorridos dos cales catro deles serán en barco.

Miguel Anxo Fernández presentará a súa novela “O espido de Gina” este mércores en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

1403516311O espido de GinaSomos as películas que vivimos, as que nos deixaron pegada e ás que regresamos de cando en vez”. Nesta frase agóchase o corazón de O espido de Gina (Galaxia, 2014) a nova novela do escritor e cinéfilo Miguel Anxo Fernández que este mércores ás 20:30 horas será presentada na libraría Libraida (Rúa Rosalía de Castro, 13). O tamén escritor e director da Sección de Filoloxía e Literatura do IEM, Miguel Anxo Mouriño, acompañará ao autor durante o acto.

Por que temos que salvar ás línguas minoritarias?

Correo-e Imprimir PDF

Sede da Unesco en París - Foto UnescoA BBC publica un interesante artigo da xornalista Rachel Nuwer sobre a situación das línguas minoritarias e as línguas en perigo de extinción.

O artigo sinala que durante o último século extinguíronse ao redor de 400 idiomas, aproximadamente un cada tres meses. 

Así mesmo apunta que  50% das 6.500 linguas restantes do mundo desaparecería a finais deste século.

O galego, relegado a un 2% das aulas de infantil nas cidades #linguaGalega

Correo-e Imprimir PDF

O conselleiro de Educación, nun colegio - Foto Xunta de GaliciaO pasado 8 de febreiro fixéronse cinco anos dende que un colectivo autoalcumado bilingüe co apoio de partidos como o PP, UPyD ou Falange saíu en manifestación polo centro de Compostela para clamar contra o que consideraban "imposición" da lingua galega. Media década despois e mentres esta asociación segue a emitir advertencias máis ou menos risibles a través das redes sociais o galego está tan lonxe de ser imposto como daquela, pero tamén en condicións sensiblemente peores para acadar unha presenza normal no ensino, tal e como marcan as leis. Así o constata, cando menos, a cuarta edición da enquisa coa que A Mesa pola Normalización Lingüística obtén un retrato da saúde do idioma nun dos ciclos educativos máis sensibles, o infantil, e nun dos entornos nos que a conservación do galego ten, a priori, máis problemas.

Desde Cotobad a Oya, pasando por Villanueva de Arosa, Sangenjo, Panjón y Bayona.

Correo-e Imprimir PDF

Imaxe do momento da presentación en PanxónCotobad, Villanueva de Arosa, Bayona, Puenteareas, Puente Caldelas, Sangenjo, Oya, Panjón... E así, unha longa lista de toponimía deturpada. Eran os nomes que figuraban nun mapa que un alto cargo do Ministerio de Agricultura utilizou hai uns días nun acto en Panxón.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL