Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Miguel Anxo Fernández presentará a súa novela “O espido de Gina” este mércores en Gondomar.

Miguel Anxo Fernández presentará a súa novela “O espido de Gina” este mércores en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
1403516311O espido de Gina

Somos as películas que vivimos, as que nos deixaron pegada e ás que regresamos de cando en vez”. Nesta frase agóchase o corazón de O espido de Gina (Galaxia, 2014) a nova novela do escritor e cinéfilo Miguel Anxo Fernández que este mércores ás 20:30 horas será presentada na libraría Libraida (Rúa Rosalía de Castro, 13). O tamén escritor e director da Sección de Filoloxía e Literatura do IEM, Miguel Anxo Mouriño, acompañará ao autor durante o acto.

Na súa nova novela, Miguel Anxo Fernández, escritor e cinéfilo, sérvenos un cóctel peculiar no que, usando dunha voz en off coma a de Fernando Rey en Bienvenido Mr. Marshall, un xornalista da ben identificable vila galega de Valdesantos, relata unha  historia na que se pode rastrexar o misterioso motorista de Amarcord, a mala relación entre o proxeccionista Alfredo e o crego Adelfio en Cinema Paradiso e a do proxeccionista  Luigi e o exhibidor Jordan en Splendor.

Miguel Anxo Fernández (O Carballiño, 1955) escritor e cinéfilo, está vencellado desde finais dos anos setenta ao desenvolvemento do audiovisual galego, labor polo que se lle concedeu o Premio de Honra Fernando Rey no 2001. En 2012 recibiu o Premio da Cultura Galega polo seu labor a prol da creación audiovisual.

Pódese acceder ás primeiras páxinas da novela, totalmente de balde clicando aquí.