Venres, 17 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

A novela gráfica "Asterios Polyp" centrará o Lecturas Debuxadas de Espazo Lectura este martes.

Correo-e Imprimir PDF

asterios-polypO martes 24 Espazo Lectura organiza unha nova sesión do club de cómic Lecturas Debuxadas. Nesta ocasión, o volume que centrará o encontro será Asterios Polyp, unha novela gráfica do estadounidense David Mazzucchelli. Será na Biblioteca Municipal de Gondomar a partir das 20.00 horas.

Quen dixo que non se pode fumar no cine? Ciclo de Cine na praia de Patos.

Correo-e Imprimir PDF

Cartel-ultimo-photoshop6Cine, area e mar, unha conxunción que se fará posible na praia de Patos nos vindeiros días 15, 16, 20 e 21 de maio de 2011 a partires das 22,30h. O ciclo de Cine presentará títulos nas súas versións orixinais subtituladas. As películas a proxectarse serán Hedwing an teh Angry Inch (John Cameron Mitchell), Una historia verdadera (David Lynch), Hero (Zhang Yimou) e Diaro de Motocicleta (Walter Salles).

Tarde de poesía no Café Rañolas de Gondomar en homenaxe a Lois Pereiro.

Correo-e Imprimir PDF
Vento-Lois-12-M-737x1024O Café Rañolas de Gondomar recibe dende ás 20 horas dese xoves 12 de maio o evento poético Vento Lois. O mesmo e parte dunha homenaxe ao poeta Lois Pereiro organizado pola "seita loisista", co apoio da Asociación de Escritores en Lingua Galega, o Pen Clube de Galicia e a Asociación Galega de Editores. En Gondomar será Espazo Lectura a encargada da organización. Navaza será o encargado de ler o Manifesto loisista e varias persoas lerán textos e poemas de Lois Pereiro, a quen se dedica o Día das Letras Galegas 2011.

Dous astronautas aterran en Galicia en “Go On!”, mañá venres na Mostra de Teatro de Maio

Correo-e Imprimir PDF

go-on-malasombra“Logo da chegada do home á lúa á humanidade só lle faltaba un reto: a chegada do home a Galicia. No ano 2010 (ano 25 despois de Gayoso), dous intrépidos exploradores tiveron o valor de adentrarse nas descoñecidas terras galaicas a través da ruta xacobea”. Así se presenta “Go On!, o último espectáculo da compañía teatral estradense Malasombra. Escrita por Xosé Luis Prieto e dirixida por Marcos Osi (autores das exitosas “O día do pai” e “Nunca foi tan fácil”) a comedia é un divertido percorrido pola xeografía, refráns, costumes e clixés de Galicia. A obra está protagonizada por Jouse García e Xoque Carbajal.

Villaza prepara a súa II Festa da Primavera cunha gran churrascada e actividades de lecer.

Correo-e Imprimir PDF

CASTELO_CULTURALO Centro Cultural O Castelo  organiza a  II FESTA DA PRIMAVERA, na parroquia de Vilaza, Gondomar. O evento comezará o vindeiro luns 16 de maio ás 20 horas cunha churrascada.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL