Venres, 17 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

Sábado 23, bolo de Graham Summer en Clandestino

Correo-e Imprimir PDF
concierto-de-graham-summer-en-nigranNo pub Clandestino de Nigrán bolo de Graham Summer o sábado 23 de abril a partir das 23:00 horas. O directo de Graham Summer, cunha austera presenza de guitarra acústica e voz, ten unha contundencia formal que conecta co público a través dun repertorio no que se mesturan mitos musicais como Johnny Cash, Bob Dylan o Hank Williams, con temas propios de corte Made in USA. O Pub Clandestino atópase na Pub Clandestino, Av de Portugal nº 35 (carreteira Gondomar – A Ramallosa).

Dúas rutas guiadas poñen en valor a historia da Vila de Baiona durante a Semana de Turismo.

Correo-e Imprimir PDF
Visitas guiadas Turismo de Baiona

Dende hoxe, veciños e turistas poderán participar de dúas rutas guiadas pola Vila Real de Baiona. Unha delas dará a volta á fortaleza de Monterreal polo seu perímetro interior. Durante o percorrido un equipo de guías estudante do Obradoiro Erguesía de Baiona,  explicará o contexto histórico, arquitectónico e paisaxístico deste importante enclave medieval. A segunda das rutas parte do Parque da Palma, pasando polo paseo marítimo, o museo da Carabela la Pinta, a Lonxa de pescadores e o Casco Vello de Baiona, para finalizar cunha visita ás igrexas ex Colexiata e Santa Liberata. Os itinerarios realizaranse ata o domingo 24 de abril. O horario de saída será de mañá ás 11:30 h e pola tarde ás 18:00 h . As rutas terán como punto de partida e de chegada a oficina de Turismo, situada a carón da entrada á fortaleza de Monterreal. Os interesados poden realizar a correspondente inscrición e acadar mais información na citada oficina.

Actos relixiosos da Semana Santa no concello de Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

casco_vello_baiona_WinCEO luns, martes e mércores, ás 19:30, na ex colexiata de Santa María celebrarase o Triduo ao Santo Cristo. O Xoves Santo ás 16:00 horas celebrarase na capela do convento das Madres Dominicanas a misa da institución da Eucaristía. Dúas horas despois (18:00 horas), unha nova eucaristía esta vez na ex colexiata. Ás 20:30 da capela da Misericordia sairá a procesión dos Pasos, organizada pola Santa Casa de Paz e Misericordia. Seguidamente Miserere na ex colexiata e na Praza do Concello actuación do Coro de Homes "Voces Baionesas". Este mesmo xoves, a partir das 23:00 horas, dará comezo a vixilia e a adoración nocturna.

Inaugúrase a exposición Xesús Valverde (1925/1993) na Aula de Cultura Ponte de Rosas.

Correo-e Imprimir PDF

Foto-XessMañá mércores ás 19:30h na Aula de Cultura "Ponte de Rosas" (Avda. da Feira 10, baixo) sede do Instituto de Estudos Miñoranos inaugurarase a exposición Xesús Valverde (1925/1993). Nesta exposición retrospectiva, celebrada 18 anos despois da morte de Xesús Valverde, ademais de amosar esculturas en pequeno e mediano formato, exporanse 26 debuxos, a meirande parte inéditos, algúns deles realizados nos últimos anos da súa vida que reflicten a súa interpretación simbólica do río Miñor e da paisaxe miñorá. A exposición estará aberta ata o 26 de maio e poderá ser visitada de luns a venres de 19 a 22 horas.

Conferencia e xeira nocturna sobre os petróglifos de Salcedo.

Correo-e Imprimir PDF
petroglifo-do-matoEste venres 15 de abril, a partir das 20.30 horas, conferencia do arqueólogo Xosé Lois Vilar (IEM) sobre os petróglifos de Salcedo no local social de Cabanas-Salcedo (antigo preescolar). Despois haberá unha visita nocturna aos petróglifos do Penedo de Vilar de Matos (en Cabanas) e da Laxe do Outeiro do Mato das Cruces (na Esculca).

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL