Venres, 17 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

Este domingo Sabarís énchese de arte. A Praza de Abastos troca en Mercado de Arte.

Correo-e Imprimir PDF

Mercado-de-Arte_webO próximo domingo 29 de maio celébrase unha nova edición do Mercado de Arte de Sabarís na Praza de Abastos da localidade baionesa. Por un día a praza mercado trocará en mercado de arte no que se amosarán e poderán mercarse obras de múltiples artistas miñoranos. O evento vai das 10 ás 21 horas e está organizado pola Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sabrís (COEMSA).

Presentación do poemario "As portas ausentes" de Caíno Vasconcellos en Vigo.

Correo-e Imprimir PDF

as-portas-ausentes"Has albiscar, amigo lector, ao rematar este limiar, a vibrante e aflixida voz do artista baionés Caíno Vasconcellos", así comeza a presentación que o mozo poeta Anxo Ratel fai de As portas ausentes, o primeiro poemario de Caino. Ao longo de 127 páxinas, os versos e debuxos de Caino crean un universo onde a exquisita sensibilidade que o autor nos ten acostumados atopar na súa pintura, agora se amosa na obra poética.As portas ausentes, vaia presentarse o próximo xoves 2 de xuño ás 19:30 horas na Casa do Libro (Velázquez Moreno, 27, Vigo). O poemario está editado polo Instituto de Estudos Miñoranos dentro da súa colección Letras da Groba. No acto intervirán ademais do autor, o director do IEM, Carlos Méixome, e o poeta Anxo Ratel.

Espazo Lectura organiza unha observación astronómica nocturna dentro do club Lendo Contigo.

Correo-e Imprimir PDF

universo-con-libroA Agrupación Astronómica Rías Baixas encargarase de guiar a actividade que terá lugar na tarde-noite do venres 27.

Este venres 27 de maio, a partir das 21:00 horas, terá lugar a sesión mensual do Club de Lectura Compartida Lendo Contigo na Biblioteca Municipal de Gondomar. Nesta ocasión, o libro que centrará a actividade é Un veciño cheo de sorpresas de Víctor Raga, publicado dentro da colección O Club da Ciencia de Edicións Xerais.

O IEM presenta unha publicación monográfica sobre o escultor Xesús Valverde.

Correo-e Imprimir PDF

capa-valverdeO próximo venres 27 de maio ás 20:30 h. terá lugar a presentación do Monográfico da Revista de Estudos Miñoranos dedicada ao escultor vinculado a Nigrán, en concreto a San Pedro da Ramallosa, Xesús Valverde. Nesta publicación recóllense diversos traballos sobre a obra de Xesús Valverde así como unha escolma das súas creacións. O acto terá lugar na Aula de Cultura "Ponte de Rosas" (Avda. da Feira 10, baixo, Gondomar).

O Coro Tradicional Cantares do Brión organiza a II Romaría da Touba do Brión no Galiñeiro.

Correo-e Imprimir PDF

romaria-da-touba-do-brionO vindeiro domingo 29 de maio o Coro Tradicional Cantares do Brión organiza a II Romaría da Touba do Brión, unha festa laica que se celebra nas abas da Serra do Galiñeiro. A partir das 10:30 da mañá dará comezo a romaría cunha camiñada desde o merendero da Comunidade de Montes de Vincios até a Touba do Brión, debaixo do Curro. Na cova, que lle dá nome ao coro, informarase das características da tuba e mais da lenda localizada nesta paraxe, por conta de representantes do Club Espeleolóxico Maúxo. Despois, Cantares do Brión interpretará algunhas pezas do seu repertorio, entre as que non faltará a “Foliada de Vincios”. Ademais, aproveitarase esta ocasión para estrear a cantiga que leva por título “Na Touba do Brión”.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL