Venres, 17 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

Esta fin de semana 40 nenos e nenas participarán dunha "Noite na Biblioteca" en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

tarxeton_IV_noite_biblioteca_2011-1Este sábado 18 de xuño 40 nenas e nenos poderán "durmir na biblioteca" de Gondomar. Espazo Lectura, coa colaboración do Concello de Gondomar, dará comezo a cuarta edición da Noite na Biblioteca. Este ano, para posibilitar que todos os nenos e nenas que participan habitualmente nas actividades estables de Espazo Lectura puidesen gozar desta actividade, ampliouse a oferta de prazas e serán 40 os cativos e cativas que van durmir na Biblioteca Municipal entre palabras, contos e andeis cheos de libros. Pero antes de poñer o pixama haberá unha chea de actividades co libro e a lectura como protagonistas.

Gran xornada de danza e música tradicional na V Foliada de Airiños da Lagoa en Baíña.

Correo-e Imprimir PDF

foliada_airios_da_lagoaHoxe sábado, 11 no Antigo Torreiro da festa de Baíña, no concello de Baiona, terá lugar a V Foliada organizada pola Asociación Folclórica Airiños da Lagoa. Ás 22h abrirán a foliada o grupo de pandereteiras "As Cascarillas" e o grupo de gaitas "Os Trebellos", da Asociación Folclórica "Airiños da Lagoa". Todos os interesados en participar, tocando ou cantando na foliada, pódense anotar polo teléfonos 627 008 926 / 986 356 109 ou durante o propio evento.

Morgadáns comeza a vivir as populares Festas de San Antonino e Santiago Apóstolo.

Correo-e Imprimir PDF

cartel_festa_morgadanseditA Comisión de Festas San Antonio e Santiago de Morgadáns ten todo listo para comezar este domingo 12, os festexos da tradicional festa parroquial de San Antonino e Santiago Apóstolo durante xuño e xullo. Música, gastronomía e actos relixiosos – tradicionais compoñen a axenda da festividade que congrega non só aos habitantes de Entidade Menor Local, se non tamén do resto do concello de Gondomar e a bisbarra miñorán.

O escritor Santiago Lopo pecha a tempada do club de lectura Sete Vidas en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

peaxes-santiago-lopoA actividade, organizada pola asociación Espazo Lectura, será o martes 7 de xuño na Biblioteca de Gondomar

IV Serán á Beira do Mar en Baiona

Correo-e Imprimir PDF

Seran-Baiona{plusone}

O vindeiro sábado 4 de xuño os colectivos “O Ximbaleu Tramallo Cultural”, “Asociación Cultural A Seneira” e a “Escola de Danza Vila de Baiona” organizan por cuarto ano consecutivo o “Serán á Beira do Mar” na vila de Baiona.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL