Venres, 17 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

Festa do Cabalo en Camos o próximo domingo 17 de abril.

Correo-e Imprimir PDF
festa_do_cabaloA Comisión de Festas de Corpus Christi organiza para este domingo 17 de abril a Festa do Cabalo na Parroquia de  Camos, no torreiro de festas de San Roque (Nigrán). As actividades comezarán ás 10 da mañá con jinkana e carreiras. Máis información no número 605 020 725

Charla-coloquio sobre Saúde Mental no Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF
CARTEL-WEBA Asociación "Avelaiña" de axuda as persoas con problemas de saúde mental tamén traballa no Val Miñor realizando tarefas de rehabilitación psicosocial, escola de familias e programas de respiro familiar. O obxectivo desta charla é sensibilizar a poboación con estas enfermidades, dando a coñecelas de cerca. A charla será o próximo venres día 15 de abril, ás 20,00h no Centro Cultural do O Torreiro de Priegue: Será impartida por Eva Caparroz, psicóloga de Avelaiña, e Xosé Regueiro, vicepresidente de FEAFES de Galicia.

O documental "Arde Madrid" do cineasta miñorano Antonio Caeiro presentarase no Día da República.

Correo-e Imprimir PDF

CARTEL-ARDE-MADRID-NIGRANO filme "Arde Madrid. Un documental sobre la infancia perdida", do cineasta miñorano Antonio Caeiro, será estreado o vindeiro xoves 14 de abril ás 21 horas na Lonxa de Panxón, no concello de Nigrán. A obra ofrece unha retrospectiva do momento da toma de Madrid polas forzas franquistas a través da testemuña dos nenos e nenas daquela. O acto está organizado pola Concellería de Cultura do Concello de Nigrán coa colaboración da Asociación Cultural O Faiado da Memoria.

A libraría LIBRAIDA presenta "Domingos de calcetíns brancos" do sociólogo Manuel Pérez Rúa.

Correo-e Imprimir PDF

calcetins_brancosA libraría LIBRAIDA de Gondomar presenta o libro "Domingos de calcetíns brancos. Relato do cambio social na xeración de 1950", do escritor Manuel Pérez Rúa. A obra foi gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2009 e será presentada por Emilio García Crego. Trátase dun retrato sociolóxico da xeración de 1950 e a evolución da sociedade nas etapas de posguerra, a ditadura, o anoitecer do franquismo e os primeiros pasos na democracia. O acto celebrarase o venres, 8 de abril ás 20:30 na libraría situada na Rúa Rosalía de Castro nº 13 en Gondomar.

O IEM proxectará o filme Cabaret na súa versión orixinal subtitulada ao galego.

Correo-e Imprimir PDF

Cabaret-680844145-largeO próximo xoves 7 de abril remata o ciclo “Lois Tobío na República de Weimar” coa proxección de Cabaret, (gañadora de 8 oscars). A película proxéctase na súa versión orixinal  en inglés e subtitulada en galego. A proxección comezará ás 20:00h, no Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) na Avda. da Feira, número 10, baixo, en Gondomar. A presentación correrá a cargo de Luís  Martínez Risco, da Fundación Vicente Risco que xunto ao Goethe-Institut, o Ourense Film Festival e a Universidade de Vigo fixeron posible que tódalas  películas do ciclo puideran ser exhibidas na súa versión orixinal e con subtítulos en galego.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL