Venres, 17 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

Candido Pazó chega ao auditorio Lois Tobío con " Memorias das Memorias dun Neno Labrego”.

Correo-e Imprimir PDF

MEMORIAS-DUN-NENO-LABREGO“Memorias das Memorias dun Neno Labrego” é o nome do espectáculo que abrirá mañá venres, 6 de maio, a nova programación de teatro da Concellería de Cultura do Concello de Gondomar no Auditorio Municipal. Protagonizada por Cándido Pazó, autor do texto e director da obra, trátase dunha adaptación do clásico da literatura galega “Memorias dun neno labrego”, de Xosé Neira Vilas. Con este espectáculo Pazó rende homenaxe o texto orixinal no 50 aniversario da súa publicación. A representación de “Memorias das memorias...”, será ás 22.00 horas. O prezo da entrada é de 3.5 euros, á venta desde unha hora antes na taquilla do Auditorio Municipal Lois Tobío.

Memorias dun neno labrego centra o club de lectores Sete vidas na biblioteca de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

memorias_neno_labregoMemorias dun neno labrego, de Xosé Neira Vilas, cumpre 50 anos tras a súa publicación na editorial Follas Novas de Bos Aires en 1961. Dende o momento da súa saída, o libro converteuse nun dos libros máis vendidos da literatura galega e aínda hoxe segue a emocionar. Por este motivo, Espazo Lectura propuxo a lectura de Memorias dun neno labrego no club de lectura Sete Vidas.

Os libros ocupan a taberna en Gondomar nunha maratón de lectura na xamonería Catro Camiños.

Correo-e Imprimir PDF

Con motivo da celebración do Día do Libro o pasado 23 de abril, e dentro da programación da Semana do Libro e a Lectura, a asociación Espazo Lectura, en colaboración co Concello de Gondomar) celebra este venres 29 de abril a cuarta edición do Dar de ler coma quen dá de beber, unha sesión de lecturas compartidas en voz alta na que unhas 30 persoas lerán fragmentos de obras escollidas por elas mesmas para compartir cos demais e recomendar. Con esta iniciativa preténdese celebrar a Semana Libro lendo.

Lecturas na taberna

O lema escollido é “Lecturas na taberna” e será a xamonería Catro Camiños de Gondomar a que acolla o acto. Con esta iniciativa preténdese reivindicar a presenza dos libros e a lectura en todos os espazos da vida e facer que formen parte da nosa actividade cotiá. O acto, aberto a quen queira achegarse ao longo da tarde, transcorrerá dende as 19.30 ata ás 22.00 horas.

 

 

 

Presentación do poemario As portas ausentes do artista baionés Caino.

Correo-e Imprimir PDF

caino-cartel"Has albiscar, amigo lector, ao rematar este limiar, a vibrante e aflixida voz do artista baionés Caíno Vasconcellos", así comeza a presentación que o poeta Anxo Ratel fai de As portas ausentes, o primeiro poemario de Caino. Ao longo de 127 páxinas, os versos e debuxos de Caino crean un universo onde a exquisita sensibilidade que o autor nos ten acostumados atopar na súa pintura, agora se amosa na obra poética.As portas ausentes, vaia presentarse o próximo xoves 28 de abril ás 20:30 horas na Capitanía Marítiama de Baiona (Elduayen, 20). O poemario está editado polo Instituto de Estudos Miñoranos dentro da súa colección Letras da Groba. No acto intervirán ademais do autor, o director do IEM, Carlos Méixome, e o poeta Anxo Ratel ademais de varios veciños e veciñas de Baiona que recitan textos do libro de Caino Vasconcellos.

Xeira polos muíños dos ríos de Couso.

Correo-e Imprimir PDF

Xeira-couso-muios-1A Comunidade de Montes de Couso xunto co equipo de Xeiras do Instituto de Estudos Miñoranos (IEM) organizan unha nova andaina polos muíños dos ríos da parroquia de Couso. O percorrido de 9,3 km ten unha duración de 3 horas e medias aproximadamente. O roteiro permitirá apreciar o cambio da flora e a paisaxe en xeral que trae a nova estación primaveral ao monte. A saída é o próximo domingo 24 de abril ás 17 horas. O punto do encontro será a Casa Veciñal de Couso.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL