Venres, 17 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

Entrega de Premios aos gañadores do Certame Literario Diego Sarmiento de Acuña.

Correo-e Imprimir PDF
A entrega de premios terá lugar no Auditorio Lois Tobío en Gondomar.

O vindeiro luns ás 10 de mañá no auditorio municipal Lois Tobío terá lugar a entrega de premios aos gañadores da 8ª edición do Certame Literario Diego Sarmiento de Acuña, organizado pola Concellería de Educación do Concello de Gondomar e que conta coa colaboración do Instituto de Estudos Miñoranos. Trátase dun concurso de poesía e narración de ámbito miñorán dirixido aos escolares de primaria, ESO e bacharelato desta bisbarra. O certame que foi recuperado logo de truncarse a súa celebración en 2009, pretende contribuír a potenciar a creatividade literaria da mocidade, en lingua galega.

Mobilización no Morrazo en defensa da súa ecoloxía e contra a instalación dun parque eólico.

Correo-e Imprimir PDF

Roteiro-Pedras-NegrasEste sábado 18 de xuño a Plataforma en Defensa dos Montes do Morrazo organiza un roteiro para dar a coñecer a zona afectada polo proxecto de parque eólico que a multinacional italiana Enel Green Power España, pretende construír no Morrazo.

Surfing Day a cargo dos Patos Surf Club coincidindo co Día Internacional do Surf

Correo-e Imprimir PDF

SURFING-DAY-Y-OTROS-075O Patos Surf Club celebra unha xornada de portas abertas de surf na praia de Patos.

O club de surf ofrecerá un bautismo pola mañá e aluguer gratuíto de material de surf e bodyboard pola tarde.

BRUNHEIRA inaugura a súa exposición fotográfica en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

ENC-FOT-DIXITAL-PORTHoxe ás 20:30 na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira 10, baixo, Gondomar) inaugurárase a exposición "PASEANDO" do fotógrafo BRUNHEIRA. A exposición permanecerá aberta ata o 30 de xullo e está enmarcada dentro dos 2º Encontros de Fotografía Dixital DOMINGO PÍO QUINTAS NÚÑEZ 2011 organizado pola Concellería de Cultura de Gondomar.

A parroquia de Parada en Nigrán acolle a primeira edición do Montecastelo Rock

Correo-e Imprimir PDF

GuitarrraElectrica350-O festival celébrase o venres 17 e o sábado 18 de xuño en Montecastelo.

-Entrada gratuíta, acampada e unha cantina con comida e bebidas son algúns dos alicientes do Montecastelo Rock.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL