Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Entrega de Premios aos gañadores do Certame Literario Diego Sarmiento de Acuña.

Entrega de Premios aos gañadores do Certame Literario Diego Sarmiento de Acuña.

Correo-e Imprimir PDF
A entrega de premios terá lugar no Auditorio Lois Tobío en Gondomar.

O vindeiro luns ás 10 de mañá no auditorio municipal Lois Tobío terá lugar a entrega de premios aos gañadores da 8ª edición do Certame Literario Diego Sarmiento de Acuña, organizado pola Concellería de Educación do Concello de Gondomar e que conta coa colaboración do Instituto de Estudos Miñoranos. Trátase dun concurso de poesía e narración de ámbito miñorán dirixido aos escolares de primaria, ESO e bacharelato desta bisbarra. O certame que foi recuperado logo de truncarse a súa celebración en 2009, pretende contribuír a potenciar a creatividade literaria da mocidade, en lingua galega.

A entrega de premios terá lugar nun acto aberto a todo o que queira asistir, que se celebrará ás 10 da mañá no Auditorio Municipal “Lois Tobío”, acto que estará conducido pola poeta e profesora Marta Dacosta e amenizado polo contacontos Mario Tomás. Entregaráselles a todos os asistentes un libro que recolle os traballos premiados na convocatoria anterior e na actual. Ao final haberá degustación das famosas trenzas de rosca de Gondomar e refrescos.