Venres, 17 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda

Axenda do Val Miñor

Preséntase no Concello de Nigrán o libro do congreso Emigración e Educación.

Correo-e Imprimir PDF

portada-libro-1-centenarioO vindeiro venres 1 de xullo ás 20:30 horas, no Salón de Plenos do Concello de Nigrán será presentado ao público o libro que recolle as comunicacións presentadas no Congreso EMIGRACIÓN E EDUCACIÓN (1900-1936) Iº CENTENARIO DAS ESCOLAS DA UNIÓN HISPANO-AMÉRICANA VALLE MIÑOR (1909-2009). O libro foi editado polo Instituto de Estudos Miñoranos dentro da súa colección Universitas Minoris.

A parroquia de Morgadáns prepara unha gran sardiñada con pan de millo na noite de San Xoán.

Correo-e Imprimir PDF
sardiada-morgadansA comisión de festas de San Antonio e Santiago de Morgadáns prepara para este xoves 23 da noite de San Xoán, unha gran sardiñada popular no torreiro de festas da parroquia a partir das 20 horas. Os visitantes poderán desgustar o peixe xunto có tradicional pan de millo feito para a ocasión. Por consultas ou reservas chamar o teléfono 627579631.

O Patos Surf Club inaugura sede e a nova Escola Municipal deste deporte en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

SURFING-DAY-Y-OTROS-076El Patos Surf Club inaugura a nova sede que acollerá a Escola Municipal de Surf en Nigrán, na praia de Patos. O acto celebrarase este xoves 23 de xuño a partir das 19.00 horas.

Espazo Lectura celebrará en Donas a tradicional Fogueira dos Versos na noite de San Xoán.

Correo-e Imprimir PDF

noite-san-xoan-de-Espazo-LecturaO próximo xoves, 23 de xuño celebrarase un ano máis A Fogueira dos Versos, unha velada con música, poesía e contos para festexar a noite de San Xoán, organizada pola Asociación Espazo Lectura. A cacharela literaria, que toma prestado o nome dun poemario do autor Antonio García Teijeiro, acenderase na Casa da Lectura na parroquia de Donas a partir das 22:00h.

Lecturas debuxadas, pecha a programación da tempada cunha obra Shaun Tan, gañador do premio Astrid Lindgren 2011

Correo-e Imprimir PDF

01-EmigrantesEste martes 21 de xuño celébrase a última sesión da tempada do club de banda deseñada Lecturas Debuxadas. A cita será na Biblioteca Municipal de Gondomar a partir das 20.00 horas. Nesta ocasión a lectura que centrará a sesión é Emigrantes (Barbara Fiore Editora) do autor e ilustrador australiano Shaun Tan, recoñecido este ano co prestixioso Premio Astrid Lindgren 2011.
A programación do club Lecturas Debuxadas retomarase no mes de outubro.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL