Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda O Coro Tradicional Cantares do Brión organiza a II Romaría da Touba do Brión no Galiñeiro.

O Coro Tradicional Cantares do Brión organiza a II Romaría da Touba do Brión no Galiñeiro.

Correo-e Imprimir PDF
romaria-da-touba-do-brion

O vindeiro domingo 29 de maio o Coro Tradicional Cantares do Brión organiza a II Romaría da Touba do Brión, unha festa laica que se celebra nas abas da Serra do Galiñeiro. A partir das 10:30 da mañá dará comezo a romaría cunha camiñada desde o merendero da Comunidade de Montes de Vincios até a Touba do Brión, debaixo do Curro. Na cova, que lle dá nome ao coro, informarase das características da tuba e mais da lenda localizada nesta paraxe, por conta de representantes do Club Espeleolóxico Maúxo. Despois, Cantares do Brión interpretará algunhas pezas do seu repertorio, entre as que non faltará a “Foliada de Vincios”. Ademais, aproveitarase esta ocasión para estrear a cantiga que leva por título “Na Touba do Brión”.

A continuación celebrarase un xantar popular no merendero do Galiñeiro coa comida e a bebida que acheguen os propios participantes, para comezar a foliada amenizada por grupos de música tradicional e mais polos coristas de Cantares do Brión, colectivo integrado no Centro Cultural de Vincios.

Tal e como sucedeu o ano pasado, agárdase que as romeiras e romeiros máis ousados efectúen unha subida ao pico máis alto do Galiñeiro.

A romaría é aberta a quen queira achegarse ao lugar e esténdese durante todo o día. Os organizadores invitan a levar, ademais de comida e bebida, toda clase de instrumentos musicais utilizados na música tradicional galega.

 

Dim lights Embed Embed this video on your site