Venres, 26 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda A novela gráfica "Asterios Polyp" centrará o Lecturas Debuxadas de Espazo Lectura este martes.

A novela gráfica "Asterios Polyp" centrará o Lecturas Debuxadas de Espazo Lectura este martes.

Correo-e Imprimir PDF
asterios-polyp

O martes 24 Espazo Lectura organiza unha nova sesión do club de cómic Lecturas Debuxadas. Nesta ocasión, o volume que centrará o encontro será Asterios Polyp, unha novela gráfica do estadounidense David Mazzucchelli. Será na Biblioteca Municipal de Gondomar a partir das 20.00 horas.

O cómic

Asterios Polyp é un home de mediana idade cunha carreira pouco satisfactoria como arquitecto e profesor, esteta e mulleireiro cuxa vida está completamente descontrolada cando o seu apartamento de Nova York se incendia. Nun estado de aturdimento deixa a cidade e trasládase a unha pequena vila en pleno corazón dos Estados Unidos. Pero, é isto unha forma de escapar da realidade?

O autor

David Mazzucchelli é un debuxante de cómics estadounidense, tamén profesor na Rhode Island School of Design e na School of Visual Arts de Nova York. Recoñecido polo seu traballo con Frank Miller en Batman: Año Uno e en Daredevil: Born Again.