Martes, 23 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Este martes, sesión do club Lecturas debuxadas en Gondomar

Este martes, sesión do club Lecturas debuxadas en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF
Lecturas debuxadas en Espazo Lectura

 

O club Lecturas debuxadas de Espazo Lectura, especializado en banda deseñada, celebrará este próximo martes 16 de outubro a primeira sesión desta tempada arredor da novela gráfica Cabana de Balieiros, de Tokio. A sesión comezará ás 20:00h e, a partir das 21:00h, incorporarase á mesma o autor para conversar cos lectores e lectoras sobre a súa obra.

Cabana de Balieiros, ademais do título da obra, é o nome da vila mariñeira imaxinaria onde transcorre a historia, unha aldea onde non todo é o que parece, onde hai moitos segredos que van e veñen coas mareas, onde as mulleres teñen moito protagonismo.

Tokio é o seudónimo de Alfredo López, veciño de Gondomar, biólogo e debuxante especializado en ilustración científica. Cabana de Balieiros, editada por Demo Editorial, é a súa primeira novela gráfica.