Domingo, 5 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Cultura

O galego, relegado a un 2% das aulas de infantil nas cidades #linguaGalega

Correo-e Imprimir PDF

O conselleiro de Educación, nun colegio - Foto Xunta de GaliciaO pasado 8 de febreiro fixéronse cinco anos dende que un colectivo autoalcumado bilingüe co apoio de partidos como o PP, UPyD ou Falange saíu en manifestación polo centro de Compostela para clamar contra o que consideraban "imposición" da lingua galega. Media década despois e mentres esta asociación segue a emitir advertencias máis ou menos risibles a través das redes sociais o galego está tan lonxe de ser imposto como daquela, pero tamén en condicións sensiblemente peores para acadar unha presenza normal no ensino, tal e como marcan as leis. Así o constata, cando menos, a cuarta edición da enquisa coa que A Mesa pola Normalización Lingüística obtén un retrato da saúde do idioma nun dos ciclos educativos máis sensibles, o infantil, e nun dos entornos nos que a conservación do galego ten, a priori, máis problemas.

Desde Cotobad a Oya, pasando por Villanueva de Arosa, Sangenjo, Panjón y Bayona.

Correo-e Imprimir PDF

Imaxe do momento da presentación en PanxónCotobad, Villanueva de Arosa, Bayona, Puenteareas, Puente Caldelas, Sangenjo, Oya, Panjón... E así, unha longa lista de toponimía deturpada. Eran os nomes que figuraban nun mapa que un alto cargo do Ministerio de Agricultura utilizou hai uns días nun acto en Panxón.

Agro-glamour dende Morgadáns, Será o tema deste verán?

Correo-e Imprimir PDF

David AlonsoO agro-glamour segue de moda en Galicia, e dende Morgadáns sacan á luz a súa versión do popular "Don't Worry Be Happy" de Bobby McFerrin.

A letra xira entorno aos temas da actulidade "futbol" "monarquía" e o fenómeno viral do "leghado do Tibu" de Camariñas.

16 razóns para escoitar “Arruídos”, o primeiro CD do Coro Tradicional Cantares do Brión.

Correo-e Imprimir PDF

arruidosA edición e a produción son do propio coro Cantares do Brión. Eles encargáronse da gravación, fixeron o seguimento da edición musical, traballaron no deseño e decidiron a localización para as fotos do libro que acompaña o disco.  Por último tamén encargaron a fabricación. Para a gravación contouse con Panta Sónica, un estudio de Vigo, que se desprazou a Vincios e onde nos seus estudos traballouse a edición. A promoción e distribución son de Inquedanzas Sonoras. Grazas a esta autoprodución, pódese gozar de Arruídos, o álbum CD que recolle 16 temas que afondan no mellor da tradición coral do país así como de novas creacións xurdidas na breve pero intensa vida desta agrupación nada a finais de 2008.

Estrea de CATARSIS a web serie adolescente feita por actores de Vigo e o Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

RETOQUEDSC043411-VM.info  preséntache en exclusiva o primeiro capítulo de CATARSIS.

Co nome CATARSIS estréase a segunda tempada da serie web LITOST nada en 2013 coa particularidade de ser escrita e dirixida por adolescentes. O proxecto conta con medio centenar de novos actores a maioría de Vigo e do Val Miñor, que roldan entre os 16 e 22 anos. LITOST cambiou de nome a CATARSIS porque cada tempada é unha etapa diferente, na primeira tempada, coñecemos a Ana e os seus amigos, un grupo de mozos vigueses que coñecen a Adry (Dave Conde), un mozo novo na cidade que chega de Gondomar. Todo o mundo fala de que por culpa del, Sheila (Paula Simoniak) Intentouse suicidar baixo os efectos das drogas. Como a vida mesma, LITOST mostraba aos seus personaxes en circunstancias graciosas e conversacións entre o reflexo do que poden ser os adolescentes de hoxe en día. En LITOST tamén se mostra o bullyng no instituto, a homosexualidade, o coqueteo coas drogas e o que supón un embarazo con tan só dezaseis anos.

Aberto o concurso de carteis para o Festival Nigrán Jazz Quin Alborés 2014

Correo-e Imprimir PDF

jazz nafozO Concello de Nigrán puxo en marcha o concurso de carteis "Quin Alborés" para a próxima edición do Festival Nigrán Jazz, que terá lugar no estuario da Foz o próximo 9 de agosto. Ao certame de deseño poderán presentarse autores residentes en Galicia maiores de 18 anos, ata cun máximo de dúas obras inéditas. O prazo de presentación de orixinais conclúe o próximo 11 de xullo ás 10.00 horas. O premio será de 500 euros.

Attachments:
File
Download this file (bases concurso cartel Quin Alborés.pdf)Bases do Concurso 2014

Mendez Ferrín presentará en Gondomar a obra “Ceibes no monte. Patrimonio vivo na terra de Turonio”.

Correo-e Imprimir PDF

A obra recolle tres vídeos dos curros que se celebran no concello: o de Morgadáns, o de San Cibrán ( Donas ) e o do Galiñeiro ( Vincios ). (Foto: ©IEM)

Este venres 13 ás 21 horas, Xosé Luís Méndez Ferrín e Saluistiano Mato presentarán o traballo de Ceibes no monte. Patrimonio vivo na terra de Turonio,  na libraría Libraida de Gondomar (Rúa Rosalía de Castro, 13).  A obra está composta por un conto, un libro e máis un DVD onde se recollen os froitos dun traballo que dende 2003 se desenvolve nas aulas do IES Terra de Turonio cara aos garranos que habitan as serras do Val Miñor. Entre outros fornecen a obra, Santi Veloso, Alfredo López (Tokio), Andrés Meixide,  Eva Moreda, Gonzalo Moure e Méndez Ferrín.

portAmérica 2014, máis fusión musical e gastronómica

Correo-e Imprimir PDF

Imaxe durante a presentación en VigoO Festival PortAmérica Rías Baixas deeu a coñecer esta maña a súa programación musical e gastronómica para esta edición de 2014.
A gastronomía do "Co-cooking ShowRocking" acollará baixo o mesmo teito a cociñeiros consolidados xunto a promesas da gastronomía.

Desaparece outro medio en galego, Cadernos de Comunicación

Correo-e Imprimir PDF

cadernosnovoOs promotores deste dixital para a diáspora láianse da falta de apoios e da "deslealdade dalgúns medios dixitais do país" e a falta de apoios políticos.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL