Domingo, 5 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Cultura

Estrea do II capítulo de CATARSIS, a web serie adolescente rodada en Vigo e o Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

adry-litost-play-VM.info preséntache o segundo capítulo de CATARSIS.
Con case un milleiro de visitas no seu capítulo presentación, esta madrugada tivo lugar a estrea de "Adry", o capítulo II da webserie CATARSIS, do gondomareño Dave Conde. Tras cinco semanas dende que os mozos terminaron o bacharelato, agora están a vivir "o mellor verán das súas vidas".

Acaba de saír do prelo o libro "Poemas da Mariña" do escritor Miguel Anxo Mouriño.

Correo-e Imprimir PDF

4701-131258-a-CapaA obra está dedicada  ás vivencias previas e posteriores ao nacemento da súa neta. Dadas as dificultades que atopou para editalo baixo un selo editorial, decidiu facelo como libro de autor. O mesmo pode ser adquirido na sede do Instituto de Estidps Miñoranos, na libraría Libraida de Gondomar ou na libraría Seijas de Pontevedra.  Tamén con motivo do lanzamento da obra, o escritor  creou un blog co xeito de achegar información e dialogar cos lectores sobre os textos.

O xornal “El País” pecha o blog BOTELLA AO MAR , de Suso de Toro

Correo-e Imprimir PDF

botella-ao-mar-suso-de-toro"VOU EMBORA. ADEUS E GRAZAS", así titúlase o último post escrito por Suso de Toro para o portal de "El País" e asinado o día luns 14 de xullo. No mesmo explica "non o cerro eu, o cerra o xornal: desaparecen estes blogs. De maneira que non marcho, bótannos." O espazo de autor levaba por nome "Botella ao Mar" e comezara a escribirse en febreiro de 2014. Tras sinalar que a dirección do xornal "está no seu dereito", deixa no aire posibles razóns políticas: "A liberdade de expresarse libremente ten costes e hai que pagar as facturas".

A Hunters Party conságrase como a maior festa aberta da música electrónica do Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

hunters party 2014Tras a súa primeira edición en 2013, coa participación dun centenar de persoas, a Hunters Party triplicou asistencia na noite da gran lúa chea deste sábado. Deste xeito, converteuse na maior festa da música electrónica do Val Miñor, coa salientable característica de estar autoxestionada por rapaces da bisbarra e con entrada gratuíta. Congregados na contorna da Caza do Cazador de Gondomar, gozaron dende o lusco fusco ata ben entrada a madrugada das creacións dun selecto grupo de DJs, nun entorno natural que foron quen de protexer e salientar dende as mensaxes de convocatoria.

VIDEO - A pedra do Cunichán en Baiona..pero de onde ven o nome?

Correo-e Imprimir PDF

Xose Lois Vilar explica a orixe d o nome da pedra do CunichánNo ano 1906 un barco de vapor inglés que proviña de Alexandría cargado de algodón e cemento, pretendía entrar en Vigo para cargar carbón pero confundiuse e chocou contra unha pedra en Silleiro que se chamaba a "Atravesada".

Dende aquel afundimento a rocha pasou a chamarse "Cunichán". Pero, de onde ven este nome?  Non perdades detalle da explicación que deu o arqueólogo Xosé Lois Vilar o pasado mércores na ruta marítima pola costa.

A xeira marítima do IEM emitida por internet, seguida dende 12 países

Correo-e Imprimir PDF

Momento da emisión no barco co solpor nas CíesA emisión conseguiu acadar o interese de medio milleiro de persoas de doce países que escoitaron as explicacións do arqueólogo Xose Lois Vilar sobre a talasonímia e os afundimentos na costa entre Baiona e as Cíes.

Os nomes do mar e o solpor nas illas Cíes foron seguidos no resto de España, Bélxica, Arxentina, Noruega, Portugal, Reino Unido, Suiza, Alemania, Andorra, Irlanda, Turquía e Estados Unidos.

Mulleres Galegas Kañeras: Trinta artistas procuran financiar un proxecto común en VERKAMI.

Correo-e Imprimir PDF

canherasO proxecto Mulleres Galegas Kañeras (MGK) so procura a gravación dun tema en estudio e un videoclip. Mais a cousa non é tan doada como parece. A movida implica xuntar a máis de trinta artistas das catro provincias do país para unha produción colectiva. O seu obxectivo maior é dar visibilidade a unha corrente alternativa que día a día medra en integrantes e creacións culturais, e que sen embargo amosa illada dos grandes medios de difusión. Procuran acadar a través do micro-mecenado uns 1.500 euros para pagar os custes de produción que implica a contratación de estudos e profesionais, ademais dos gastos de mobilidade.  Susana Seivane, Mercedes Peón e Teté Delgado xa comprometeron a súa participación desinteresada no proxecto. Agora toca achegar dende 3 euros en diante na conta de VERKAMI, para facer posible este soño.

O decreto de Rajoy sobre as exhibicións cinematrográficas nos municipios afecta toda a programación do Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

 "Pitufos 2" esta noite no Campo das Redes (Nigrán) e a case totalidade da axenda cinematográfica que comeza a próxima semana en Baiona está afectada polo decreto que prohibe os pases de películas de estreo en salas e vídeo clubs (12 meses de antigüidade) nos ciclos de cines municipais. O novo decreto da administración Rajoy, xa bautizado como "decreto Frankenstein" pola diversidade e disparidade das temáticas das leis recollidas,  chega coas programacións de verán xa elaboradas polas administracións locais, xerando así unha situación de incerteza xurídica e no caso de que o goberno faga valer a nova lei en vigor, un prexuízo económico para as empresas encargadas da montaxe técnica e proxección das películas. Ata esta mañá, ningún dos concellos afectados ten comunicado se a pesar da entrada en vigor do decreto, manterán ou modificarán a carteleira dos ciclos programados.

O Centro Neural de Gondomar acolle unha exposición de óleos de José Luis Valverde “O Soleiro”

Correo-e Imprimir PDF

soleiro-5O Centro Neural do municipio acolle estes días unha exposición de óleos de José Luis Valverde Fernández “ O Soleiro”. A mostra, composta por 29 óleos, recolle obras elaboradas dende o ano 1968 ata a actualidade, e en todas elas se constata unha exquisita fidelidade á realidade. "O meu primeiro cadro é do ano '66. A pintura sempre foi o meu hobby e agora, cos anos, púidenlle dedicar o tempo necesario. Por iso decidín expoñelos, para compartir o meu traballo con todo o que o desexe," explica o autor.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL