Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Desaparece outro medio en galego, Cadernos de Comunicación

Desaparece outro medio en galego, Cadernos de Comunicación

Correo-e Imprimir PDF
cadernosnovo

Os promotores deste dixital para a diáspora láianse da falta de apoios e da "deslealdade dalgúns medios dixitais do país" e a falta de apoios políticos.

Os promotores de Cadernos de Comunicación explican que o medio naceu cando a rede galega estaba nunha crise sen precedentes, e intentou converterse "nunha iniciativa aberta que pretendía achegarse a toda a comunidade de galegos alí onde estivesen, na crenza de que nación galega é universal".
Como punto de referencia dos emigrantes galegos no mundo, Cadernos chegou a ser un medio de referencia na Galiza exterior. Sen embargo, e a pesar do seu prestixio, Cadernos sempre foi "un medio deficitario en apoios e colaboracións".
Os responsábeis do portal critican en particular "a deslealdade dalgúns medios dixitais do país, a falta de respecto de todos os partidos políticos".
O medio dálle as grazas a "todos os lectores, aos que creron neste proxecto, colaboraron nel e puxeron o seu grao de area para que outro xornalismo na Galiza exterior fose posible".
Manuel Suárez Suárez, Xoán Antón Pérez Lema, Edmundo Moure Rojas, Xosé Manuel Galdo-Fonte e a Carta Maior, do Brasil son algúns dos nomes citados entre os agradecementos da despedida.