Sábado, 23 Sep. 2017

Actualizado10:28:06 AM GMT

Estás en Canais

A empresa aérea Air Nostrum seleccionará tripulantes de cabina en Vigo

Correo-e Imprimir PDF

airnostrumAir Nostrum, a aeroliña franquiciada de Iberia para voos rexionais, iniciou un novo proceso de selección de tripulantes de cabina de pasaxeiros (TCP) para incorporar ao seu persoal.

Responsables da compañía viaxarán o xoves da semana próxima a Vigo dentro da xira que están realizando por diversas localidades para tomar contacto con posibles candidatos. O equipo de selección ofrecerá aos interesados unha visión interna da compañía e das características do traballo nela, segundo deu coñecer nesta xornada a empresa.
As entrevistas cos candidatos terán lugar o xoves 28 de xaneiro no hotel NH Palacio de Vigo ás 9 da mañá.

Nigrán anuncia a próxima contratación de 30 persoas no marco do plan provincial de cooperación.

Correo-e Imprimir PDF

auditorio-nigranO Concello de Nigrán anuncia a contratación este ano a través da deputación de 30 traballadores "co xeito da mellorará a atención á veciñanza e ao patrimonio municipal"

O 'Plan Provincial de Cooperación", dirixido a desempregados que xa non cobran prestación, permitirá por en marcha por vez primeira unha liña telefónica de atención directa ao cidadán

Os perfís requiridos mediante esta convocatoria de subvención van dende peóns forestais a albaneis, conserxes para os colexios públicos ou administrativos
"Estes postos significan a posibilidade de mellorar sensiblemente a atención aos veciños e ao patrimonio sen afectar en absoluto ás contas municipais", incide González.

Sesión Jam na Casa Colorida de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

sesionjamVenres 15 de Xaneiro 2016 ás 20:00 na Casa Colorida.

Rosalía de Castro 16, Nigrán. http://casacolorida.net/

Actuación en directo + Sesión Jam aberta a músicos, co grupo de Fusión Flamenco/Oriental/Jazz Infusiones Musicales (Cantabria/Galiza).

Gondomar celebrará a XXXIV edición do Encontro de Rondallas de Reis.

Correo-e Imprimir PDF

rondalla reisEste sábado día 16 terá luar o tradicional encontro de rondallas na vila de Gondomar. Trátase da XXXIV edición deste desfile que tradicionalmente celébrase o día de reis e que este ano por razoes climatolóxicas debeu suspenderse. Será a partir das 17:00 h.

Unha novela de Manuel Janeiro para estrear 2016 no club de lectura Sete Vidas

Correo-e Imprimir PDF

janeiro 0026 rec1Este martes 12 de xaneiro arranca o novo ano para o club de lectura Sete Vidas da asociación Espazo Lectura, que dedica a súa sesión mensual a comentar a novela O sexo masculino dos anxos, do autor Manuel Janeiro (nado en Madrid, namorado de Vigo e do Val Miñor nos veráns da infancia que pasou en Panxón, e residindo hoxe en Peitieiros-Gondomar).

A Agrupación Musical de Vincios abre concurso para renovar a súa imaxe corporativa.

Correo-e Imprimir PDF

agrup vinciosAlguén terá que atreverse a facelo: un logotipo que represente a "natureza e espírito" da Agrupación Musical de Vincios. O reto implica achegar unha identidade gráfica e corporativa a unha das institucións culturais máis senlleiras do concello de Gondomar. Para iso foron publicadas as bases dun concurso aberto e controlado pola agrupación, de onde un xurado multidisciplinar escollerá o logotipo que actualizará a imaxe do instrumento musical que acompaña o colectivo fundado en 1978. O prazo para presentar propostas vence o vindeiro 29 de febreiro e as bases poden descargarse no arquivo axunto a esta nota.

Attachments:
File
Download this file (Bases logo (2).pdf)Bases Logo AMV

Presentado o novo digalego.com con máis de 65.000 entradas

Correo-e Imprimir PDF

digalegoO conselleiro de Cultura destaca o paso para o idioma que significa o poder acceder gratuitamente e desde calquera lugar a este dicionario.
Galicia xa ten un dicionario galego máis actualizado. Trátase do Digalego.com, enciclopedia online que conta con máis de 65.000 entradas e foi editado pola Editoria "Ir Indo", que coordina Bieito Ledo.

O novo contrato da cafetería do complexo Dunas de Gaifar pasará dun canon de 8 mil euros anuais a un mínimo de 22.500.

Correo-e Imprimir PDF

gaifar 1O prazo de presentación de ofertas abre hoxe e consta de 15 días naturais

O Concello considera o novo importe "máis axeitado á realidade da instalación e beneficioso para as arcas municipais".

O Concello de Nigrán abre hoxe, trala súa publicación onte no Boletín Oficial da Provincia (BOP), o prazo para a contratación da xestión da cafetaría do complexo deportivo municipal "Dunas de Gaifar", que vence próximamente.

Dá inicio o trámite que outorgará a Indicación Xeográfica Protexida “Pan Galego”.

Correo-e Imprimir PDF

WP mi bollo gallego migaO "bolo", a "rosca", a "bóla" e a "barra" comezan un longo camiño a Bruxelas na procura dunha protección legal para o pan feito en Galicia.

O texto legal describe o "Pan Galego" como aquel que "ten codia dura e triscante, miga esponxosa e alveolado abundante e irregular, que se elabora de forma artesanal con fariña de trigo brando, da cal unha parte procede de trigos cultivados na comunidade autónoma de Galicia pertencentes a variedades e ecotipos autóctonos galegos (os comunmente denominados 'Trigo país' ou 'Trigo galego')".

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL