Xoves, 24 Oct. 2019

Actualizado12:21:09 AM GMT

Estás en Canais Axenda Sesión Jam na Casa Colorida de Nigrán

Sesión Jam na Casa Colorida de Nigrán

Correo-e Imprimir PDF
sesionjam

Venres 15 de Xaneiro 2016 ás 20:00 na Casa Colorida.

Rosalía de Castro 16, Nigrán. http://casacolorida.net/

Actuación en directo + Sesión Jam aberta a músicos, co grupo de Fusión Flamenco/Oriental/Jazz Infusiones Musicales (Cantabria/Galiza).

Infusiones Musicales son:

Karlos Barral: Multi-instrumentista de diferentes tipos de percusión como udus, tinajas, djembes, cajón flamenco para producir todo tipo de sonidos envolventes. Estudou percusión latina con diversos mestres cubanos como Calixto Oviedo ou Juan Castellanos. Pertenceu a grupos como Stados Alterados, Fusonegro , o proxecto de Alvaro Muras, ou o grupo de fusión flamenca Rayzes, actualmente está en "La Comparsita", proxecto de música latina clásica como boleros, chachacha o latin jazz e na "Orquesta Sonoridad" de música latina.

Alberto Laso: Sitar, guitarra y oud. Estudiou armonía moderna na escola cántabra de guitarra, en 2008 descubriu o sitar e comezóu os seus estudos de forma autodidacta. Tomou leccions de sitar dos mestres Baluji Shrivastav, Supratik Sengupta, Rajib Karmakar e Shakir Khan. Na actualidade comezou a estudar oud turco de forma autodidacta. Pertenceu a outros proxectos musicais en Cantabria e na Coruña como guitarrista e baixista.

Nacho Agra: Contrabajo. Participou en varias formacións musicais e agrupacións de teatro, onde intenta disfrutar e aprender de toda mistura musical.